Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

PRESENTACIÓN DOS POPULARES DE A GUARDA

Foi un acto sinxelo e dinámico, acompañado de dous emotivos vídeos onde se percibía unha certa crítica, pero en positivo, mirando sempre ao futuro.

Foi un acto sinxelo e dinámico, acompañado de dous emotivos vídeos onde se percibía unha certa crítica, pero en positivo, mirando sempre ao futuro.

Fecha: 30 de Abril de 2015

Fuente: PP de A Guarda

O pasado Martes ás oito e media da tarde tivo lugar nun abarrotado Centro Cultural de A Guarda a presentación da candidatura dos Populares de A Guarda.
Asistiron entre otras personalidades a Conselleira de Medio Rural e Marino, Secretario Xeral do Mar, Secretario Xeral para o Deporte, Secretaria General Provincial del Partido Popular, Secretario de Organización del Partido, Alcalde de O Rosal, Exalcaldes de A Guarda, Exalcalde O Rosal, Candidato de Tomiño Partido Popular.

Abriu o acto a Secretaria Xeral do Partido Popular de Pontevedra Rocío de Sinde.
No seu discurso resaltou a fortaleza do partido fronte aos demais grupos, oportunistas e con afán de dividir, para despois facerse con parcelas de poder a base de pactos. Chamou á unión aos militantes e simpatizantes, como único xeito de conseguir a maioría absoluta.
De seguido, tomou a palabra o Secretario Xeral para o Deporte José Ramón Lete, quen salientou os logros do deporte galego e o apoio recibido pola Xunta a pesares dos recortes. Recoñeceu o importante esforzo e o alto nivel de competición dos deportistas guardeses.
Máis tarde interviu a Conselleira do Medio Rural e Mariño Rosa Quintana. Tras unhas palabras de recoñecemento á traxectoria profesional de Conchi Ortega, destacou súa valía como líder dos Populares de A Guarda-

A continuación falou a candidata á alcaldía Conchi Ortega, dando un rápido repaso ás propostas do partido priorizando a creación de emprego a través do turismo así como o reforzo dos servicios sociais. Anunciou que a campaña vai a ser pensando en positivo, sen descalificacións, ademáis de austera, que os votos se gañan con ideas e traballo, non con invitacións nin festas.

Finalmente procedeu a chamar ao escenario do Auditorio aos candidatos, destacando as cualidades persoais de cada un.
Foi un acto sinxelo e dinámico, acompañado de dous emotivos vídeos onde se percibía unha certa crítica, pero en positivo, mirando sempre ao futuro.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones