Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Presentados 25 proxectos á convocatoria de axudas Leader

O importe total das subvencións solicitadas dentro do GDR 14 é de 3,1 millóns de euros

O importe total das subvencións solicitadas dentro do GDR 14 é de 3,1 millóns de euros

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Junio de 2021

Fuente: EuRural

Persoas emprendedoras, empresas, comunidades de montes, entidades sen ánimo de lucro e administracións locais do territorio do GDR 14 presentaron 25 proxectos á convocatoria de axudas da submedida Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014 - 2020 para as anualidades 2021 e 2022, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento.

Entre as solicitudes rexistradas atópanse 14 proxectos produtivos, entre os que se atopan proxectos de melloras en produción primaria e transformación de produtos agrarios, así como proxectos de creación, ampliación e mellora de empresas no territorio e a posta en marcha de estabelecementos turísticos e servizos asistenciais para persoas dependentes. No apartado de non produtivos promovidos por entidades privadas, foron 7 as solicitudes e os non produtivos impulsados por algún dos concellos que forman parte do ámbito territorial da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural foron 4, pertencentes aos concellos de A Guarda, Gondomar, Tui e Nigrán.

O importe total das axudas solicitadas é de 3,1 millóns de euros.

As iniciativas non produtivas privadas presentadas abranguen diferentes ámbitos, dende a creación dunha escola de música, á adquisición de equipamentos e medios de transporte adaptado ou a posta en valor do patrimonio arquitectónico e natural.

O obxectivo principal desta liña de axudas é colaborar na transformación do rural, fomentar o seu dinamismo, mellorar as condicións para manter ou xerar emprego no ámbito rural, dotar de servizos á poboación destas zonas e favorecer a mellora do seu nivel de vida e a inclusión social. Ademais, busca promover a sostibilidade da actividade rural a través da correcta xestión dos recursos naturais e potenciar a gobernanza local.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí