Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Preto dun centenar de mozas e mozos da provincia optan a participar no programa da Deputación -o teu primeiro emprego- en empresas e ONG

A Deputación inviste 2,6 millóns ? neste programa de contratos laborais en prácticas a través do que xa están a traballar outras 130 persoas na Deputación e nos concellos

A Deputación inviste 2,6 millóns ? neste programa de contratos laborais en prácticas a través do que xa están a traballar outras 130 persoas na Deputación e nos concellos

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Agosto de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

Preto dun centenar de mozas e mozos da provincia veñen de demandar participar no programa da Deputación “O Teu primeiro emprego” en empresas e ONG. En total, a Deputación inviste 2,6 millóns de euros nesta iniciativa de contratos laborais en prácticas para a mocidade a través da cal xa están a traballar 29 persoas na Deputación, outras 98 nos concellos e comezarán, a partir de setembro en empresas e ONG. “Trátase dun programa –destacou a presidenta Carmela Silva- que permite á mocidade titulada universitaria ou con ciclos formativos de grao superior ter a súa primeira experiencia profesional. O pasado ano conseguimos que o 25% das mozas e mozos participantes se quedasen nas empresas e ONG cun contrato indefinido”.

 

“Estamos a traballar para que a nosa mocidade teña unha maior capacidade de empregabilidade” afirmou a presidenta da Deputación ao referirse ao programa que conta con catro liñas de actuación independentes:  “O teu primeiro emprego na Deputación”, “O teu primeiro emprego nos concellos”, “O teu primeiro emprego nas empresas e corporacións sectoriais” e “O teu primeiro emprego en Organizacións non Gobernamentais”.  As catro liñas ofertan contratos en prácticas, con todas as garantías e dereitos, de ata un ano de duración.

 

Ata o de agora  están xa 127 mozas e mozos a traballar na Deputación (29) e nos concellos da provincia (98) e, a partir de setembro, será a quenda das persoas que comecen nas empresas e nas ONG, para o que a institución provincial investirá 1,8 millóns de euros.  Neste caso, a Deputación ten xa elixidas as entidades participantes e en marcha o proceso de selección das mozas e mozos que se van beneficiar dos contratos en prácticas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí