Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

PSOE: Os concellos da área de Vigo, esquecidos polos orzamentos 2021 da xunta de Galicia

A deputada autonómica Leticia Gallego destaca o abandono absoluto das estradas autonómicas no Sur da provincia de Pontevedra

A deputada autonómica Leticia Gallego destaca o abandono absoluto das estradas autonómicas no Sur da provincia de Pontevedra

Etiquetas del contenido

Fecha: 07 de Diciembre de 2020

Fuente: PSOE Parlamento

Os Orzamentos 2021 da Xunta de Galicia pasan de largo polos concellos da área de Vigo. O proxecto orzamentario presentado polo Goberno galego tan só prevé catro obras, varias delas con partidas repetidas dos Orzamentos aínda vixentes neste ano 2020, e prolongan o histórico abandono das estradas autonómicas, que non reciben nin un só euro en actuacións singulares de mellora.

A deputada autonómica Leticia Gallego celebrou unha xuntanza telemática cos representantes dos concellos de Redondela, Mos, Nigrán, Gondomar, Baiona, Pazos de Borbén e O Porriño na que recolleu as queixas dos alcaldes e alcaldesas e secretarios xerais das diferentes agrupacións locais.

Leticia Gallego subliñou que hai un denominador común no Val Miñor, Louriña e a contorna de Vigo co mal estado das estradas autonómicas, polo que o grupo parlamentario socialista presentará varias emendas para tratar de priorizar os problemas máis graves na rede viaria de titularidade da Xunta. Por outra banda, subliñou que os Orzamentos 2021 tan só prevén partidas para o bombeo de augas residuais en Santa Marta (Baiona), cunha partida que vén arrastrada do ano pasado, a regulación do caudal ecolóxico na presa de Baiona, un proxecto de depuración para a ensenada de San Simón e a adaptación do dique de abrigo na ensenada de San Simón, en Redondela. Ata seis concellos da comarca non recibirán nada de cumprirse as previsións destas Contas.

O alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, reiterou as queixas pola falta de previsión, un ano máis, para executar a rotonda na avenida de Elduayen, no acceso a Gondomar, dende Nigrán e Baiona, un punto con alta sinistralidade e no que se producen importantes retencións durante os veráns. En Mos, a secretaria xeral, Victoria Alonso, bota en falta o prometido acceso ao polígono industrial dende a autovía. En Redondela, a alcaldesa, Digna Rivas, mantén a necesidade de rehabilitar a  avenida Mendiño dende o porto de Cesantes ata o centro urbano, así como a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela e a mellora da estrada a Pazos de Borbén. Ademais, o alcalde de Nigrán, Juan  González, volveu denunciar o pésimo estado das beiras da PO-552, en Priegue e na Ramallosa, causando graves problemas de accesibilidade peonil. Noutro eido, a alcaldesa de Redondela, fixo novamente mención ás promesas incumpridas dende hai máis dunha década para a construción do Centro de Saúde e esixiu a descontaminación dos terreos afectados polo lindano.

Os alcaldes e alcaldesas e responsables socialistas do Sur da provincia expresaron tamén as súas queixas pola conxelación do Fondo de Cooperación Local en 112 millóns de euros. Os cartos que a Xunta envía aos concellos de xeito regrado en cumprimento da súa obriga constitucional de contribuír ao financiamento do municipalismo, perden máis dun 6% de peso relativo nos Orzamentos. “Feijoo non cre nos concellos e tan só os utiliza para cargalos con asuntos que non lles corresponden e culpalos de todo o que pode”. “Temos unha Xunta”, afirma Gallego, “que se comporta como se non tivera competencias en nada”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí