Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

REACPON: 20 millóns de euros cara á reacción económica postcovid nos concellos da provincia

O ambicioso programa de investimento da Deputación lanza as súas bases para novos equipamentos, rehabilitación de edificios municipais e dinamización de espazos públicos

O ambicioso programa de investimento da Deputación lanza as súas bases para novos equipamentos, rehabilitación de edificios municipais e dinamización de espazos públicos

Fecha: 22 de Mayo de 2021

Fuente: Deputación de Pontevedra

ReacPon xa está en marcha. O goberno provincial presentou hoxe as bases para poñer a circular 20 millóns de euros nos concellos de menos de 50.000 habitantes, o ambicioso investimento público que a Deputación de Pontevedra destina cara á reactivación na provincia na etapa postCovid. A presidenta Carmela Silva e o vicepresidente César Mosquera deron a coñecer as liñas centrais das bases que, con criterios obxectivos, transparentes, equitativos, respectando a autonomía local e por concorrencia competitiva, permitirán impulsar nos concellos actuacións de rehabilitación, de nova construción e de mellora de espazos públicos. Aprobaranse no próximo pleno e unha vez publicadas os concellos poderán xa presentar os seus proxectos

Somos unha administración xusta, que reparte os recursos de forma xusta e fixemos un enorme esforzo para que as bases tivesen puntuacións matemáticas, con criterios medibles, o que significa que os proxectos van ser valorados dunha forma transparente e equitativa, para que ninguén se chame a engano”,  asegurou Carmela Silva. “Alguén ten que comezar a facer ben as cousas –asegurou a presidenta provincial manifestando o seu desexo de que outras administracións traballen do mesmo xeito- e esta administración transformadora está a facelo, apostando por criterios obxectivos e con fórmulas cada vez máis perfeccionadas. Estamos a facer as cousas ben”. 

A través de ReacPon Concellos, tal e como explicou, preténdese garantir dereitos e servizos, loitar contra o despoboamento fomentando a igualdade de oportunidades no ámbito rural e urbano, impulsar a sustentabilidade, promover a conectividade e dixitalización na prestación de servizos e a accesibilidade no acceso a equipamentos, espazos e infraestruturas locais no medio rural. Deste xeito, a institución vai dinamizar a economía e colaborar na recuperación pos-covid, así como proporcionar aos concellos infraestruturas e dotacións de carácter singular e avanzar na consecución dos Obxectivos 2030 e nas liñas mestras definidas para os fondos Next Generation. 

Pola súa banda o vicepresidente Mosquera explicou que o ReacPon pretende executar proxectos “para chegar solucións que contribúan a superar os problemas da pandemia de maneira rápida”. Unha das cuestións nas que fixo fincapé, amais dos criterios obxectivos aos que se referiu a presidenta, é que se esixirá madurez aos proxectos que presenten todos os concellos, puntuando máis a aqueles que estean listos para licitar con todos os informes sectoriais.  “Este programa é para reaccionar ante a pandemia”, incidiu, ao tempo que subliñou que “hai que facer as cousas ben e un esforzo por modernizar esta administración”. O vicepresidente explicou, así mesmo, que a intención é que “todo vaia a punto de cruz”, por se se pode substituír o esforzo económico da Deputación por fondos europeos e apuntou que se non se logra cubrir a primeira convocatoria porque non hai proxectos maduros, traballados e participados, abriríase outra.

Con ReacPon Concellos pódense financiar tres tipos de actuacións: rehabilitación, nova construción e espazos públicos. No primeiro caso inclúense rehabilitacións de edificios e instalacións municipais para uso social, cultural, deportivo, turístico e de lecer, así como as dirixidas á infancia e mocidade, atención a vítimas de violencia de xénero ou elementos de interese patrimonial e de uso institucional e administrativo. No que respecta á nova construción, inclúense edificios ou instalacións sostibles e intelixentes e actuacións ambientalmente sostibles e que impulsen a cohesión territorial, a conectividade, dixitalización, accesibilidade e igualdade de oportunidades rural/urbano. Finalmente, no caso de actuacións en espazos públicos búscase darlles un uso plural, amable e fomentar a estancia e as mobilidades alternativas con recuperacións, melloras, urbanizacións, e reurbanizacións que cumpran os principios da rede Ágora.

Cada concello poderá financiar unha actuación ben sexa de rehabilitación, nova construción ou espazo público ata un máximo financiable do 90% do Plan Concellos que lle corresponde, e un mínimo dun terzo do mesmo, dándoselle prioridade ás rehabilitacións e á mellora de espazos públicos con criterios de sustentabilidade. No que respecta ao cofinanciamento, os concellos con menos poboación aportarán menos recursos que os de maior poboación.

Amais valoraranse a madurez do proxecto, a contribución a unha economía descarbonizada, a calidade do proxecto e a contribución dos proxectos á consecución dos obxectivos fixados na Axenda 2030. De feito, premiarase máis aqueles proxectos xa aprobados polo órgano competente e coa licitación publicada, os que estean aprobados polo órgano competente a licitación, os aprobados polo órgano competente que consten expresamente que están completos e listos para licitar, os que dispoñan das autorizacións sectoriais e os que teñan solicitadas as autorizacións sectorias. No que respecta á economía descarbonizada valorarase a porcentaxe de mellora da eficiencia enerxética no caso das rehabilitacións, a porcentaxe de independencia respecto das enerxías non renovables nas novas actuacións e, nas actuacións centradas na contorna urbana, a porcentaxe de espazo público dedicado a usos diferentes á circulación de vehículos. Pola súa banda, en canto á calidade do proxecto, medirase a análise de condicionantes e alternativas, os traballos previos conducentes ao coñecemento da realidade do estado actual, as solucións propostas, os materiais, as propostas construtivas e o nivel de detalle das solucións.  Finalmente, no que respecta á contribución á consecución dos obxectivos fixados na Axenda 2030 e políticas pancas, terase en conta o cumprimento dos ODS, a aliñación e encaixe global dentro dos mesmos, o cumprimento das políticas panca do Plan de recuperación, transformación e resiliencia e, no caso das actuacións de contorna urbana, o cumprimento e fomento dos principios da rede Ágora. 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí