Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Regades abre unha nova etapa no PSdeG-PSOE na provincia marcada pola unidade e co reto de recuperar a Xunta de Galicia en beneficio da xente

Feijoo está irritado coa provincia de Pontevedra porque é a máis socialista de Galicia e lle dá sistematicamente as costas nas urnas

Feijoo está irritado coa provincia de Pontevedra porque é a máis socialista de Galicia e lle dá sistematicamente as costas nas urnas

Etiquetas del contenido

Fecha: 14 de Febrero de 2022

Fuente: PSdG-PSOE

O PSdeG-PSOE abre unha nova etapa na provincia de Pontevedra tras un 4º Congreso marcado pola unidade de toda a militancia en torno ao proxecto liderado por David Regades. O secretario xeral asume o seu segundo mandato ao fronte da organización socialista de Pontevedra cunha Executiva integradora, renovada e ampliada co obxectivo de empoderar á militancia para consolidar as maiorías absolutas municipais, gañar novas Alcaldías, recuperar a de O Porriño e afrontar novos retos como a maioría absoluta na Deputación de Pontevedra e recuperar o goberno da Xunta para o PSdeG-PSOE “en beneficio da xente”.

Ese é o obxectivo marcado por David Regades neste congreso celebrado no auditorio Mar de Vigo e ao que asistiron un total de 500 persoas entre delegados/as e invitados/as, entre os que estaban o alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero; a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e Valentín González Formoso (secretario xeral do PSdeG), así como os secretarios xerais das catro provincias galegas, o delegado do Goberno en Galicia e a alcaldesa de Lugo. David Regades marcou o calendario de traballo dos socialistas da provincia coas eleccións municipais no punto de mira e argumentos dabondo para que os resultados sexan ainda máis favorables para o proxecto de transformación da provincia que defenden os socialistas.

Na súa intervención David Regades tivo palabras de agradecemento para os 2.700 militantes socialistas de Pontevedra representados na Executiva provincial que sae do Congreso da unidade, un factor que fortalece ao partido e evidencia a democracia interna da formación socialista. “Municipalismo, unidade e a loita pola igualdade. Eses son os piares que nos diferencian e que marcaron o crecemento do partido nos últimos catro anos” que en datos, explicou Regades, tradúcese no paso de 221 a 256 concelleiros na provincia; de 16 a 23 alcaldías; de 5 a 11 maiorías absolutas; dun 21% a un 32% do voto en Pontevedra nas eleccións xerais; de non ter ningún senador a 3; de 2 a 3 deputados en Cortes; de 4 a 5 deputados autonómicos desta provincia e de 10 a 13 deputados provinciais. Cifras que converten á provincia de Pontevedra no “graneiro electoral socialista” de Galicia e que favoreceron que alcaldes e alcaldesas cambiaran as cidades para as persoas.

David Regades incluíu na súa intervención un recoñecemento ás/os socialistas que faleceron nestes últimos catro anos e pediu que a súa traxectoria inspire aos que agora toman o relevo no reto da transformación social coa igualdade, a xustiza social e o feminismo como premisas. Unha responsabilidade que teñen que asumir os socialistas de Pontevedra fronte a unha Xunta e un Feijoo irritados coa provincia “porque é a máis socialista de Galicia e dalles sistematicamente as costas nas urnas”. 

 

Os ataques ás mulleres do Partido Socialista

Regades esixiu que cesen os ataques do Partido Popular ás mulleres do Partido Socialista que ostentan responsabilidades no mundo local e citou expresamente á alcaldesa de Cambados, Fátima Abal; a falecida alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, e tamén á presidenta da Deputación, Carmela Silva.

Como exemplo do sectarismo no goberno do PP na Xunta, Regades nomeou a falla de criterio na distribución dos fondos europeos Next Generation; o despilfarro dos fondos estatais Covid en propaganda política; a baixa execución dos fondos Feder e o Fondo Social Europeo ou a devolución de 70 millóns de euros dos 234 que recibiu do Goberno de España para apoiar a sectores afectados pola pandemia e que a Xunta non foi quen de repartir. Sen esquecer o deterioro da sanidade e a educación pública, a falla de vivendas sociais e o abandono das persoas maiores durante a pandemia.

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, que insistiu en que o de hoxe é “un día feliz” pola unidade total do partido, puxo como exemplo de xestión democrática e transparencia a Deputación de Pontevedra e debullou o programa de goberno con protección aos traballadores, autónomos e pemes; a creación do Salario Mínimo Vital; a aprobación da Lei de Eutanasia; a garantía de pensións dignas, a modernización da economía reindustrializando; a loita contra o cambio climático e o combate da violencia contra as mulleres.

Abel Caballero avalou o xeito de David Regades de trasladar á cidadanía as políticas socialistas e como mostra puxo o propio Congreso “fruto dun proceso de unidade, no que o importante é que estamos todos e eso demostra respecto á vontade democrática, que vai máis alá da política e leva aos sentimentos; á nosa forma de saber a importancia que ten o que nos conta a xente”. Abel Caballero augurou unha exponencial subida electoral dos socialistas na provincia.

Carmela Silva, presidenta da Deputación, tamén lanzou unha advertencia ao Partido Popular: “O PSdeG-PSOE vai cambiar Galicia, porque así nolo está pedindo a xente; porque as persoas queren que gobernen os que estamos ao seu lado”, con optimismo e positividade, “sen os graves insultos” que utiliza a cotío o Partido Popular.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones