Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Regades: -Os autobuses de servizos ambulantes e os caixeiros subvencionados da Xunta non tapan o abandono do rural-

Invito á Xunta de Galicia a abandonar a confrontación política e a poñerse a traballar man con man con tódolos alcaldes e alcaldesas que en 13 anos nin sequera foron recibidos por Feijoo

Invito á Xunta de Galicia a abandonar a confrontación política e a poñerse a traballar man con man con tódolos alcaldes e alcaldesas que en 13 anos nin sequera foron recibidos por Feijoo

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Abril de 2022

Fuente: PSdG-PSOE

O PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra di basta ao abandono do rural por parte do Goberno da Xunta de Galicia. O secretario xeral provincial dos/as socialistas, David Regades, afirma que “a última medida anunciada a bombo e platillo, consistente na presentación de oito autobuses que percorrerán o rural prestando un simbólico catálogo de servizos de saúde é a gota que colma o vaso desta tomadura de pelo dos últimos 13 anos de Alberto Núñez Feijoo”.

Os autobuses, que prestarán servizos, con cita previa, de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria para persoas maiores de 55 anos, non evidencian outra cousa que o desnorte desta Xunta, que prefire gastar 10 millóns de euros “nunha opereta propagandística en lugar de facer unha aposta seria e crible por manter abertos os centros de saúde e os consultorios que agonizan en tódolos concellos”. En moitas, ocasións, engade Regades, nin sequera se lles dá unha man de pintura e quizais por iso a Xunta chegou a conclusión de que a audioloxía, a podoloxía e memoria non se podían atender dignamente dende eses inmobles públicos semiabandonados”. “Facer propaganda cuns autobuses rotulados pola Xunta, que só se dedican a esparexer CO2 sen mellorar a atención sanitaria no rural, é moito máis barato”, recalca.

A progresiva perda de escolas unitarias, colexios rurais agrupados e colexios no rural é outro síntoma desa decadencia dun rural que non está entre as preocupacións do Goberno galego. Ademais da inexistencia de residencias de maiores (a única pública construída no rural na nosa provincia polo Goberno Feijoo está en Cerdedo) e de centros de día que fagan posible a atención das persoas maiores. Tan só a implicación dos concellos, que se ven obrigados a cofinanciar estes centros, así como a asumir a xestión directa do Servizo de Axuda no Fogar (unha competencia propia da Xunta abandonada, sen un adecuado financiamento, en man dos municipios), palía a gravidade da situación.

O “modelo” de atención ao rural queda tamén claro coa subvención de 3 millóns de euros a Abanca para instalar caixeiros automáticos mentres a entidade vai pechando as oficinas. Ou co fracaso estrepitoso da web da Xunta para o impulso á rehabilitación de vivendas en núcleos abandonados.

David Regades ten moi claro que unha verdadeira política galega a prol do rural non é posible sen traballar man con man cos concellos. Neste eido recorda que os 13 anos de Feijoo foron profundamente antimunicipalistas. Non só infrafinanciando aos concellos e apostando polo caciquismo no reparto de subvencións e convenios a dedo, senón mesmo co desprezo institucional. O Partido Socialista, recorda Regades, goberna en 23 concellos da nosa provincia e só dous dos actuais alcaldes foron recibidos polo presidente da Xunta “e, ademais, sen conseguir a materialización dun só compromiso”. “Así, pelexando cos concellos e as deputacións, en lugar de colaborar, non se vai moi lonxe”, conclúe.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones