Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Román Rodríguez informa ao comité educativo do mantemento das medidas de seguridade nas aulas

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade preside a xuntanza deste órgano asesor tras a volta ás aulas no día de onte

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade preside a xuntanza deste órgano asesor tras a volta ás aulas no día de onte

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Septiembre de 2021

Fuente: Xunta de Galicia

O  conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presidiu hoxe a reunión do Comité Educativo tras a volta ás aulas do alumnado de Infantil, Primaria e Educación Especial, na cal se fixo un repaso de todas as medidas de seguridade sanitaria que seguen vixentes para este curso e se deu conta do reforzo do Fondo de Reserva de Garantía Educativa con 10M€ (unha partida que se incrementa nun 40%) para cubrir os sobrecustos de adaptación dos centros á covid e atender as posibles continxencias derivadas da saída da pandemia.

 

Román Rodríguez  destacou a “normalidade” deste inicio de curso nun contexto “de maior certeza” grazas principalmente ás altas cotas de vacinación acadadas e tamén, desde o punto de vista educativo, á experiencia previa e ao traballo feito cos distintos protocolos, plans e directrices que seguen vixentes. Con todo, o titular de Educación subliñou que hai que seguir actuando “con precaución e prudencia” para garantir o seu normal desenvolvemento.

 

Transformación dixital

No que atinxe ao ámbito estritamente educativo, cómpre salientar que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de poñer en marcha o Plan Dixital de Centro, unha iniciativa enmarcada na Estratexia Educación Dixital 2030 coa que se avanza na transformación tecnolóxica das aulas para a próxima década, logo de que se detectara que os recursos e competencias dixitais foron claves no proceso de ensino-aprendizaxe durante a pandemia.

 

Ademais, co fin de favorecer a organización por parte dos equipos directivos dos centros escolares, a Consellería vén de aglutinar nunha única resolución na que se dá continuidade a boa parte das distintas medidas que se foron implementando o curso pasado como é que cada centro teña o seu propio Plan de Continxencia (que deberán actualizar de acordo co protocolo xeral), os Plans de Ensino Virtual, os Equipos de Atención Virtual, as actividades formativas para o ensino á distancia ou o protocolo para as saídas do centro escolar, entre outros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones