Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Rosaliarte. Concurso de poesía e arte sobre Rosalía de Castro no Rosal

A obra gañadora servirá como imaxe da cartelería empregada para homenaxear o día 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro.

A obra gañadora servirá como imaxe da cartelería empregada para homenaxear o día 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro.

Fecha: 12 de Febrero de 2018

Fuente: Concello de O Rosal

O vindeiro 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro. Con tal motivo no Concello do Rosal queremos sumarnos a esta data e facer unha homenaxe á escritora galega organizando ROSALIARTE, concurso que fará referencia á súa obra poética e por outra banda fomentando a arte entre a poboación, xa que a poesía virá acompañada dunha plantilla coa silueta de Rosalía que será decorada polas persoas participantes.

Tanto na web como no propio concello do Rosal estará a disposición das persoas interesadas a plantilla imprimible coa imaxe de Rosalía de Castro.

Este documento servirá como base para que as persoas elixan unha obra poética da autora, a escriban no espazo habilitado e o ilustren acompañando da imaxe da escritora.

Estas son as bases do concurso:


1. O poema elixido debe ser en galego e debe presentarse cunha letra manuscrita clara e lexible ou ben impresa, e pode ser completo ou un fragmento, non superando os 15 versos como máximo. A elección do texto terá o maior peso na elección da obra.


2. As persoas participantes terán liberdade para decorar a plantilla empregando a imaxe de Rosalía como soporte, poderán usar a técnica que desexen tanto manual como dixital (lápices, ceras, témperas, acuarela, collage ou transformación desta imaxe con medios informáticos). Non se valorará máis a utilización dunha ou outra técnica, senón a orixinalidade e calidade do debuxo.


3. A obra deberá ser entregada nun tamaño A4 en vertical respectando a plantilla facilitada.


4. Admitiranse ata un máximo de 3 obras a concurso por persoa


5. A autoría da obra será con pseudónimo escrito na parte posterior da plantilla e cun sobre pechado no que apareza o pseudónimo na parte de fóra, e dentro os datos persoais completos, idade e teléfono de contacto.


6. O prazo de admisión terminará o venres 16 de febreiro de 2018 ás 12.00 h.


7. Haberá un único premio para a persoa gañadora, que consistirá no viaxe e entrada para 4 persoas á casa de Rosalía de Castro en Padrón.


8. O persoal técnico do Concello designará a composición do xurado do concurso. A decisión do xurado será inapelable. O premio poderá ser declarado deserto se as obras presentadas a concurso non cumpren as bases ou non teñen suficiente calidade.


9. A obra gañadora e as presentadas serán expostas nos taboleiros e paredes do Salón de Exposicións do Concello e posteriormente nos centros educativos. Aparecerán así mesmo publicadas na web e redes sociais do concello.


A obra gañadora servirá como imaxe da cartelería empregada para homenaxear o día 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro.


As obras entregadas pasarán a ser propiedade do Concello, que se reserva o dereito a publicar e/ou editar as mesmas facendo uso delas segundo o seu interese.


10. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases. A organización poderá introducir as modificacións que estime convenientes para o bo funcionamento do concurso.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí