Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Rui Cerqueira gaña o II premio literario Nortear para a mocidade escritora de Galicia e de Portugal

Dotado con 2.000 euros, o premio ten como principais obxectivos distinguir anualmente obras literarias orixinais de ambas as dúas beiras do Miño

Dotado con 2.000 euros, o premio ten como principais obxectivos distinguir anualmente obras literarias orixinais de ambas as dúas beiras do Miño

Fecha: 20 de Octubre de 2016

Fuente: Xunta de Galicia

‘Nós, arquipélago', de Rui Cerqueira Coelho, é a obra gañadora do II Premio Literario Nortear para a Mocidade Escritora de Galicia e de Portugal. Entre 30 traballos de autores e de autoras con idades comprendidas entre os 16 e os 36 anos, o relato do escritor luso foi elixido por unanimidade polo xurado do certame, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola Dirección Rexional de Cultura do Norte e pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT) para incentivar a creatividade da mocidade escritora galega e portuguesa.

Presidido por Xosé María Lago García, subdirector xeral de Acción Exterior e Cooperación Transfronteiriza da Xunta de Galicia, e integrado por Carlos Arias, en representación da Secretaría Xeral de Cultura; polo escritor galego Antón Riveiro Coello, pola escritora portuguesa Olinda Beja, polo editor portugués Carlos Lopes, director de Edita-Me; e por André Rodrigues, integrado na GNP, AECT, que actuou como secretario, o xurado valorou no relato "o estilo impecable e potente, e unha narración sólida que harmoniza emocións, vencellos familiares, percepcións sensoriais e evolución psicolóxica cunha gran profundidade".

Tamén destacou o xurado o manexo da temporalidade, desde unha percepción interior, na que "o pasado e a prospección do futuro como baleiro e como misterio difícil de asumir se unen para definir interiormente un ser que toma consciencia da súa existencia e da súa limitación como pulso vital".

Publicación das obras galardoadas na primeira edición
Na primeira edición do premio a gañadora foi a galega Lara Dopazo Ruibal, pola obra ‘Clementina', que acaba de ver a luz nunha publicación editada por Edita-Me e que inclúe tamén o relato que recibiu a mención de honra: ‘Coração cheio de nada', da autoría de João Maria Cardoso.

A presentación pública do volume cos traballos galardoados na primeira edición e mais a entrega do premio da segunda edición terá lugar nun acto público que se realizará en próximas datas no país veciño, coa participación de representantes das tres entidades que promoven o certame.

Dotado con 2.000 euros, o premio ten como principais obxectivos distinguir anualmente obras literarias orixinais de ambas as dúas beiras do Miño, incentivar a produción literaria entre a mocidade galega e portuguesa, e favorecer a circulación e distribución de obras literarias entre Galicia e Portugal, para reforzar o diálogo cultural entre os dous territorios.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Rellene todos los campos del siguiente formulario y escriba en el cuadro habilitado las letras y/o números que salen en la imagen para contactar de manera más rápida y segura, y así poder resolver sus cuestiones.

    Gracias por su confianza en Infomiño Noticias Baixo Miño
  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones