Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Seis espectáculos de artes de rúa abren a primeira xornada do FIAR na Eurocidade Tui-Valença

Teatro Ghazafelhos, Galiró, Mandrágora, Troula Animación, Las Sincro e Comedias do Minho estarán este venres na Eurocidade Tui-Valença

Teatro Ghazafelhos, Galiró, Mandrágora, Troula Animación, Las Sincro e Comedias do Minho estarán este venres na Eurocidade Tui-Valença

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Julio de 2022

Fuente: Concello de Tui

Todo preparado na Eurocidade Tui-Valença a celebración da segunda edición do Festival Internacional de Artes de Rúa, FIAR. Dende este venres e até o domingo o público poderá gozar de espectáculos de danza, música, clown, malabares, da man de artistas  galego, portugueses, italianos e franceses.

Unha aventura de piratas será a encarga de abrir o festival. Teatro Ghazafelhos presenta “A illa sen tesouro”, unha nova proposta de teatro de rúa con Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho. A escenografía convértese nun mesón, nun barco, nunha cova e nunha empalizada, lugares onde transcorren escenas relacionadas coa vida pirata, sempre con humor e moita acción: a música e a loita de espadas está asegurada. Haberá dobre función ás 16:00, hora española, na praça da República na Fortaleza de Valença e ás 20.30 h no Paseo da Corredoira en Tui.

Dende Italia chega Galiró - Lorenzo Gianmario - quen de converterse nunha banda musical completa. No seu espectáculo itinerante “Poom Cha” interactuará co público pola Corada en Valença, dende ás 17 hora española, e a partir das 22.30 h entre o Paseo da Corredoira e a praza de San Fernando en Tui.

No Jardim das Amoreiras mañá venres, ás 18 h hora española a compañía portuguesa Mandrágora presenta “Formas Animadas”, no que conxuga a arte das marionetas co humor e as historias.

“O estraño caso do dentista da rúa Brazov” é o espectáculo itinerante que Troula Animación presenta a partir das 19.30  h no Paseo da Corredoira. Relata a historia dun dentista da Europa do Leste que percorre co seu carromato pobos e cidades para buscar pacientes. Pero o que o público descubrirá é que este dentista ten estraños costumes e emprega a maxia como ninguén. 

Mónica Suárez e Berta Garriga son as actrices de “Ohlimpiadas!”, a proposta teatral que a compañía Las Sincro presenta mañá venres, ás 21.30 h na praza de San Fernando. Un espectáculo que mestura humor, clown, acrobacias e danza e amosa como sería a vida cotiá retransmitida como deporte en directo.

A primeira xornada do FIAR 2022 pecharase coa compañía Comedias do Minho ás 23 hora española no Jardim Municipal de Valença. Representan “A perturbação do cidadão exemplar" baixo a dirección de Joana Magalhães. Neste espectáculo musical preséntase a historia dun cidadán exemplar que non ten ningún problema na súa vida, non ten fisuras, pero fáltalle algo: non sabe danzar. Aquí aprenderá a soltarse ao ritmo das baterías.

Toda a programación do festival, que prosegue até o domingo, pode consultarse en www.tui.gal

 

FIAR 2022 Venres, 22 de xullo

  • Ás 16.00 h ES Teatro Ghazafelhos con “A illa sen tesouro” na Praça da República en Valença
  • Ás 17.00 h ES Galiró con “Poom Cha” espectáculo itinerante pola Coroada na Fortaleza de Valença
  • Ás 18.00 h ES Mandrágora con “Formas Animadas” no Jardim das Amoreiras en Valença
  • Ás 19.30 h ES Troula Animación con “O estraño caso do dentista da rúa Brazov” espectáculo itinerante polo Paseo da Corredoira de Tui
  • Ás 20.30 h ES Teatro Ghazafelhos con “A illa sen tesouro” no Paseo da Corredoira en Tui
  • Ás 21.30 h ES Cía Las Sincro con “Ohlimpiadas!” na praza de San Fernando, en Tui
  • Ás 22.30 h ES Galiró con “Poom Cha” espectáculo itinerante entre o Paseo da Corredoira e a praza de San Fernando en Tui
  • Ás 23.00 h ES Comedías do Minho con “A perturbaçao do cidadao exemplar” no Jardim Municipal de Valença
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí