Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Seis espectáculos inician a programación de 2022 no Teatro Municipal de Tui

A Panadería fará en Tui a estrea nacional da súa nova montaxe, e Manuel Madarnás presentará por vez primeira en concerto o seu primeiro disco

A Panadería fará en Tui a estrea nacional da súa nova montaxe, e Manuel Madarnás presentará por vez primeira en concerto o seu primeiro disco

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Enero de 2022

Fuente: Concello de Tui

O Teatro Municipal de Tui abre a programación de 2022 con seis espectáculos a celebrar entre o 4 de febreiro e o 18 de marzo. Teatro e música son os dous eixos desta proposta cultural da que a metade dos eventos van dirixidos a público infantil  e a outra metade a público adulto. O teatro tudense terá o 85% do aforo e contará cun protocolo covid nunha aposta pola cultura segura. As entradas para todos os espectáculos poranse á venda o próximo martes, 1 de febreiro, ás 21h a través de www.tui.gal. Os prezo en función do evento oscilan entre os 10 € e os 3€.

Nesta programación figura a estrea nacional da obra “As que limpan” da Panadería Teatro en coprodución co Centro Dramático Nacional. A compañía fará residencia no teatro tudense, dende o luns 31 de xaneiro ao 11 de febreiro, previa a posta en escena desta obra o venres 11 de febreiro ás 21 h. Unha obra na que Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, coma autoras, directoras e actrices, abordan, en forma de comedia, a loita organizada das  limpadoras de pisos por conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos.

Tamén estrea será o concerto que o músico Manuel Madarnas ofrecerá o venres, 4 de marzo, ás 21 h para presentar o seu primeiro traballo discográfico “laMMarca”. En directo presentará os temas deste seu primeiro albume en solitario co que busca pór en valor a música instrumental.

A terceira das propostas para público adulto será o venres 18 de marzo, ás 21 h, con “A lingua das bolboretas” de Sarabela Teatro que recibiu catro premios María Casares, entre eles o de Mellor Espectáculo. Gonçalo Guerreiro dirixe esta obra baseado no libro de Manuel Rivas. Sobre o escenario estarán Elena Seijo, Josito Porto, Fran Lareu, Fernando Dacosta, Sabela Gago e Fina Calleja

A primeira cita para público infantil será o venres, 4 de febreiro, ás 19 h coa compañía Elefante Elegante que abrirá esta programación coa posta en escena de “Cubo”.  É unha obra de teatro xestual dirixida e protagonizada por María Torres e Gonçalo Guerreiro.  O venres 18 de febreiro, tamén ás 19 h, Culturactiva presenta “Rosalía” unha representación que recolle a autora de “Cantares Gallegos” cando era nena, e coa que se conmemora o “Día de Rosalía”. Nate Borrajo é a autora desta obra que dirixe Fina Calleja e interpretan Cristina Collazo e Rocío González.

Por último, para público infantil, o venres 11 de marzo, ás 19 h, Charo Pita achegará o seu espectáculo musical “No pais do vento”. Un concerto no que participarán tamén María Faltri, Jorge Juncal, Javier Fernández e Juansi Santomé.

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, amosa a súa satisfacción por poder presentar unha nova programación cultural para comezar este ano 2022, insistindo no feito de que “a cultura é segura”. Unha vez máis o público de todas as idades, dende os cativos, aos maiores, poderá gozar de espectáculos en directo neste caso con especial presenza do teatro e a música, e con todas as medidas de seguridade.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, indica que “mantemos a aposta pola cultura” cunha programación que nos singulariza pola súa calidade e variedade, e que ao longo destes anos ten contado co aplauso do público.  Nesta ocasión amais con dúas estreas no teatro tudense da compañía A Panadería, e do músico local Manuel Madarnás.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones