Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Serafín Fernández Portela foi reelixido este sábado secretario da Unión Local da CIG do Baixo Miño

A IV Asemblea tamén aprobou o Informe de Xestión e renovou a Executiva

A IV Asemblea tamén aprobou o Informe de Xestión e renovou a Executiva

Etiquetas del contenido

Fecha: 16 de Marzo de 2022

Fuente: CIG

A CIG do Baixo Miño reelixiu este sábado a Serafín Fernández como secretario da Unión Local na IV Asemblea
celebrada na Guarda. No encontro, no que participaron 34 delegados/as dos 36 inscritos/as, tamén se aprobou
o Informe de Xestión e se renovou a Executiva.
A IV Asemblea da Unión Local da CIG do Baixo Miño reelixiu como secretario a Fin Fernández con 33 votos a
favor e 1 en branco, o mesmo apoio colleitado pola nova Executiva. No proceso celebrado no Centro Cultural
guardés tamén se aprobou o informe da Executiva saínte, que resume a actividade desenvolvida polo sindicato
na comarca dende a anterior Asemblea, celebrada en 2017.
O secretario comarcal da CIG de Vigo, Alberto Gonçalves, pechou o encontro cunha intervención na que
aproveitou para facer unha breve radiografía da situación socioeconómica do Baixo Miño e apelou á necesidade
de incrementar a contestación social para forzar unha saída galega xusta da crise. Neste punto incidiu
precisamente no feito de que a crise de 2008 tivo se vise prolongada pola pandemia, e agora polo conflito entre
a OTAN e Rusia, do que dixo que non pode “servir de escusa para seguir a recortar dereitos e precarizar aínda
máis as condicións de traballo e de vida da poboación”.
Pola súa banda, o secretario da Unión Local, Serafín Fernández, repasou a actividade desenvolvida polo
sindicato nestes últimos catro anos, con especial mención aos conflitos laborais no centro educativo San
Xerome Emiliani da Guarda e nas empresas IKF e Depósitos Coballes. Ademais, destacou o incremento da
afiliación e o feito de que a CIG superou a maioría absoluta no conxunto da comarca, onde ostenta o 53,49% da
representación. O acto pechouse coa interpretación do Himno galego.
Composición da nova Executiva:
-Serafín Fernández Portela.
-Olga Orduña Pereira.
-Serafín de la Fuente González.
-Javier Vicente González.
-Rosa María Salgueiro Fernández.
-Juan José Martínez Rivero.
-José Manuel Martínez Trigo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí