Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Teatro do Atlántico presenta hoxe ás 19.30 h en Tui -Dúas donas que bailan-

Hoxe a capacidade do Teatro Municipal será de 60 espectadores e mañá para a función de ?Aguratrat- reducirase a 30 tendo en conta a entrada en vigor de novas medidas restritivas en Tui

Hoxe a capacidade do Teatro Municipal será de 60 espectadores e mañá para a función de ?Aguratrat- reducirase a 30 tendo en conta a entrada en vigor de novas medidas restritivas en Tui

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Noviembre de 2020

Fuente: Concello de Tui

O Teatro Municipal de Tui mantén a programación “Volvemos ao teatro en novembro” reducindo a partir de mañá sábado a capacidade a 30 espectadores tendo en conta as novas medidas restritivas establecidas pola Xunta, publicadas no DOG Nº 223-Bis, que entrarán en vigor ás 00 h de mañá sábado 7 de novembro.

Hoxe venres, 6 de novembro, ás 19.30 h Teatro do Atlántico presenta no Teatro Municipal de Tui “Dúas donas que bailan”.  Hoxe a capacidade será aínda de 60 espectadores, con protocolo de prevención da covid19 e todas as medidas de seguridade. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 6€ e 5€.

Baixo a dirección de Xúlio Lago as actrices María Barcala e María Ángeles Iglesias interpretan a derradeira peza dramática de Josep Mª Benet i Jornet.  

Unha muller maior, viúva, soña con viaxar a París, pero négase a abandoar o piso pese a presión dos seus fillos e do propietario.  A filla contrata a unha muller para as tarefas domésticas, presenza que non é ben recibida e cada xornada convértese nun “toma e daca” que evoluciona a cada instante.

Mañá sábado o aforo está xa limitado a 30 persoas ao entrar en vigor as novas medidas establecidas pola Xunta para Tui. A cita será ás 18.30 h con Pérez&Fernández e a obra para público familiar “Aguratrat”. Trátase dunha adaptación ao teatro do libro "Esio Trot" de Roald Dahl.  A obra está dirixida por Victoria Pérez e Xosé Leis e intepretada por Victoria Pérez, Manu Fernández, Xosé Leis. Aguratrat achéganos á historia do señor Hoppy, que está namorado da súa veciña, a señora Silver. Axudala a solucionar a súa preocupación pola súa tartagura Alfie, que nin crece nin aumenta de peso, poderá ser un xeito de conquistar o seu corazón.

As entradas 4€ e 3€ están á venda en tui.gal até mañá sábado ás 17.30 h e dende ás 17.30 h no despacho de billetes.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones