Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Terra do Vento renuncia ao proxecto de parque eólico na serra do Galiñeiro

A Plataforma pola protección da serra do Galiñeiro celebra esta boa nova

A Plataforma pola protección da serra do Galiñeiro celebra esta boa nova

Etiquetas del contenido

Fecha: 07 de Mayo de 2021

Fuente: Plataforma pola protección da serra do Galiñeiro

A Plataforma pola protección da serra do Galiñeiro celebra a boa nova de que a empresa Terra do Vento renuncia ao proxecto de parque eólico na serra do Galiñeiro. Aínda é máis motivo de celebración que un dos argumentos de renuncia sexa o recoñecemento do impacto ambiental que chegaría a causar o polígono eólico e que o outro argumento fose o rechazo social que se deu ante ese intento de explotación eólica.

A cidadanía que durante estes once anos leva apoiando esta causa é a artífice desta oposición. Parabéns, pois, a toda esta xente. As persoas membros da Plataforma fomos quen de plasmar na alegación, presentada no mes de novembro do 2012, todos os valores que este monte ten, de sopesar o dano que as infraestruturas eólicas causarían nos ecosistemas, nos recursos e no patrimonio desta serra, de xeito tan claro e preciso que o resultado recollémolo agora.

Nas mans da Administración da Xunta de Galicia está que a serra de Galiñeiro volva ser ofertada a unha empresa eólica ou que pola contra decida darlle a protección ambiental que lle corresponde.

Non esquecemos o apoio dos Concellos que nos seus plenos expresaron a vontade de darlle á serra a máxima protección ambiental. Tampouco esquecemos ao centro cultural que nos acolle e é a nosa sede. Grazas aos medios de comunicación que durante todo este tempo están sendo a nosa voz pública, particularmente ás e aos xornalistas interesados/as nesta causa.

Queremos celebrar esta boa nova con todas as asociacións, organizacións, persoas particulares e entidades que conforman a Plataforma. Son moitos anos de traballo, de alegrías e sinsabores, de esforzos e disfrute, de disgustos e de trunfos.

Nesta ocasión tamén queremos sentirnos unidos e unidas a aquelas persoas representantes da cultura deste pais que tan desinteresadamente colaboran con nós Andaina tras Andaina: escritores, escritoras, músicos, poetas, cantantes, corais, mimos, magos, xente do teatro, deportistas senlleiros, pintores.... O mesmo temos que dicir daquelas e aqueles que participaron nas xornadas divulgativas, charlas, conferencias e mesas redondas que levamos feito na universidade, nos centros culturais, noutros organismos, noutras entidades, noutros foros....O mesmo para aqueles que fixeron posible o libro que temos editado. O recoñecemento tamén para aquelas persoas que cóbado con cóbado están con nós nos días de loita poñendo a comida, a bebida, o lecer, o palco, imprimindo as pancartas, colocándoas, facendo os trípticos... Recordamos asi mesmo aos naturalistas, científicos e expertos que nos guían no estudo dos valores da serra. E non ímos esquecer a aqueles, que eles ben saben quen son, que nos deron pistas e azos para principiar esta loita antieólica.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí