Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Tras dous anos de parón volve Depo en marcha, o programa da Deputación de Pontevedra que favorece o envellecemento activo

O programa terá un orzamento de 186.800 euros para realizar talleres de informática, conservación da memoria, ximnasia ou terapia emocional

O programa terá un orzamento de 186.800 euros para realizar talleres de informática, conservación da memoria, ximnasia ou terapia emocional

Etiquetas del contenido

Fecha: 12 de Enero de 2022

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación retoma neste 2022 o programa “Depo en Marcha”, que foi suspendido nos dous últimos anos por mor da pandemia e co que a institución provincial busca favorecer o envellecemento activo das persoas maiores da provincia a través de distintos obradoiros. Así o informou a presidenta provincial, Carmela Silva, tras aprobar en Xunta de Goberno as bases do programa para o que “este ano incrementamos o orzamento nun 20% e imos dedicar 168.800 euros”.

 

Carmela Silva puxo en valor as temáticas sobre as que xiran os distintos obradoiros entre os que se atopan talleres de “habilidades dixitais para que a xente maior poida facer un uso cotiá da informática avanzada”, obradoiros de conservación da memoria, musicoterapia ou terapia emocional. A presidenta provincial puxo o aceno nestes últimos e cualificounos como “fundamentais neste momento porque se alguén sofre as consecuencias da Covid-19 son as persoas mozas e maiores e ademais -apuntou- está aumentando moitísimo o número de persoas que teñen secuelas emocionais e polo tanto van a ser esenciais”. Tamén se referiu aos obradoiros de ximnasia de mantemento e pilates considerándoos “fundamentais para que axente maior poida manter unha boa capacidade de actividade física”.

 

Entre 2019 e 2019 máis de 11.500 persoas teñen participado nos obradoiros de “Depo en Marcha”, unha cifra que deixa ver que “o programa chega a toda a provincia”. Estes talleres actúan como espazos de encontro e de intercambio de experiencias que permiten fomentar a independencia das persoas maiores para evitar así o illamento e situacións de soidade. Ademais, con este programa a Deputación de Pontevedra promove a inclusión social e facilita o acceso á formación non regrada.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí