Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tui honra os Xogos Florais de 1891 cun espectáculo poético-musical e recoñecemento á primeira novelista galega

O Concello de Tui organiza dúas xornadas culturais o 25 e 26 de xuño para celebrar o aniversario do primeiro acto público integramente en galego, con poesía, música e unha homenaxe á escritora Francisca Herrera.

O Concello de Tui organiza dúas xornadas culturais o 25 e 26 de xuño para celebrar o aniversario do primeiro acto público integramente en galego, con poesía, música e unha homenaxe á escritora Francisca Herrera.

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Junio de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

O Concello de Tui conmemora esta semana o 134 aniversario dos Xogos Florais de Galicia, o primeiro acto público celebrado integramente en lingua galega na época contemporánea. A cita histórica, que tivo lugar no Teatro Principal de Tui entre o 24 e o 26 de xuño de 1891, será recordada a través de dúas actividades culturais programadas para os días mércores 25 e xoves 26 de xuño.

O mércores 25, o Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela acollerá o espectáculo “Cintaadhesiva”, unha proposta poético-musical creada pola poeta Silvia Penas e o músico Jesús Andrés Tejada. Esta actuación fusiona poesía, música, videoarte e escénica nun formato pensado para o directo, cun enfoque artístico onde os textos non son acompañados por música, senón integrados nela.

O xoves 26 de xuño, a programación centrará a súa atención na figura de Francisca Herrera Garrido (1869-1950), primeira muller en publicar unha novela en galego e en formar parte da Real Academia Galega. A homenaxe celebrarase na praza do Pracer, diante da casa da familia Areal, onde a autora pasou longas tempadas.

Durante o acto presentarase o libro “Obra en galego de Francisca Herrera”, editado polo seu sobriño neto José Leoncio Areal e coa colaboración da catedrática Camiño Noia, que estarán acompañados por alumnado do Conservatorio Municipal de Música de Tui. Como peche, descubrirase unha placa conmemorativa na vivenda que albergou á escritora durante as súas estadías en Tui.

Estas actividades recuperan o espírito dos Xogos Florais de Galicia, celebrados en Tui en 1891, organizados pola Asemblea Rexionalista Galega e considerados un fito na reivindicación da lingua e cultura galegas. Aquel evento contou coa participación de figuras como Manuel Murguía, Salvador Cabeza de León e Alfredo Brañas, así como destacados representantes locais.

O primeiro discurso público de Murguía en galego, os concursos de gaiteiros, os actos litúrxicos e culturais da época, así como as intervencións dos membros da Xunta Rexionalista de Tui, forman parte da memoria colectiva que o Concello quere preservar e difundir con esta programación.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí