Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Tui participa na promoción do Legado Sefardí a través da Red de Juderías

O alcalde participou na asemblea da Red de Juderías que programa accións culturais, turísticas e académicas e asina un convenio con Paradores

O alcalde participou na asemblea da Red de Juderías que programa accións culturais, turísticas e académicas e asina un convenio con Paradores

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Diciembre de 2021

Fuente: Concello de Tui

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, participou este mércores, 15 de decembro, na 58º Asemblea Xeral da Red de Juderias – Caminos de Sefarad que integra a 21 cidades e da que Tui forma parte dende o ano 2019 en recoñecemento ao seu importante acervo patrimonial vinculado á cultura xudía.

Esta Red ten como obxectivo promover proxectos de defensa do patrimonio cultural e o legado sefardí mediante acción culturais, turísticas e académicas así como o intercambio de experiencias nacionais e internacionais que contribúan ao coñecemento e respecto mutuo de pobos, culturas e tradicións.

Nesta asemblea realizouse unha avaliación da memoria de actividades da Red de Juderías – Caminos de Sefarad do ano 2021 e aprobouse o orzamento desta agrupación de municipios para o vindeiro ano 2022 así coma unha definición da estratexia a levar adiante pola Red ata o ano 2025.

Amais a Red de Juderías asinou un convenio con Paradores de Turismo para o desenvolvemento de accións comerciais dirixidas a fortalecer o posicionamento no mercado nacional e internacionais dos destinos e produtos turísticos das 21 cidades integradas na Red de Juderías.

O encontro serviu tamén para formalizar o cambio de presidencia desta asociación que ata agora ostentaba a cidade de León e que ao longo do vindeiro ano ocupara a localidade andaluza de Lucena.

Enrique Cabaleiro mostrou a súa satisfacción polos resultados desta asemblea e polas accións que de cara ao próximo ano está previsto desenvolver ao abeiro da Red de Juderías: presentación das cidades galegas da Red en Fitur, presenza de dúas exposicións en Tui en xaneiro e marzo, promoción do programa RASGO que canaliza a oferta turística... No decurso da asemblea tamén iniciou os contactos para a preparación de cara ao ano 2023 do cuarto centenario da morte do médico e filósofo Francisco Sánchez, efeméride que Tui quere proxectar a través da Red de Juderías.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí