Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Unha sesión -filipante- de contos para toda a familia, pistoletazo de saída da programación de outono do Rosal

O espectáculo Filipa cos contos chega este sábado 3 de outubro (11.00 horas) ao salón de exposicións

O espectáculo Filipa cos contos chega este sábado 3 de outubro (11.00 horas) ao salón de exposicións

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Octubre de 2020

Fuente: Concello do Rosal

Os contacontos serán os protagonistas da primeira cita coa programación cultural de outono do Rosal. Este sábado 3 de outubro a compañía Bandullo Azul estará no salón de exposicións con ‘Filipa cos contos’, unha sesión filipante de contos para toda a familia. Historias tradicionais, contos populares, contos de autoras e autores galegos, contos inventados, cancións e música en directo, humor... e moita participación do público.

Será unha sesión de narración oral a dúas mans, xa que o actor e contador Fran subirá ao escenario acompañado dunha amiga moi especial, un monicreque chamado Filipa. Música, cancións, contos cantados... que se mesturan para ir captando a atención do público familiar e animalos a participar.

O contacontos, pensado para nenos e nenas a partir dos 4 anos, comezará ás 11.00 horas. Para gañar espazo e poder manter as distancias de seguridade entre as persoas asistentes o contacontos muda da biblioteca ao salón de exposición.

‘Filipa cos contos’ é a primeira das actividades de lecer para todos os públicos programadas para este outono no Rosal, unha vintena de propostas moi diversas para os meses de outubro e novembro entre as que hai música, circo, exposición, charlas ou visitas guiadas. Lémbrase por exemplo que xa está aberta a reserva de prazas para o concerto de Ses o vindeiro sábado 10 de outubro (21.00 h) a través da páxina web do Concello (https://portal.concellodorosal.es/reservas/concerto-de-ses/) ou vía telefónica chamando ao 986 62 50 00 ext. 4 para aquelas persoas que teñan dificultades para acceder de xeito electrónico.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí