Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

VENCE: -TOMIÑO É EXEMPLO DE GOBERNO HONESTO, EFICAZ E PARA A XENTE, UN CONCELLO DE REFERENCIA NA COMARCA-

Sandra González lidera unha equipa que foi capaz de dinamizar a economía local e dotar Tomiño de dun servizos públicos de calidade, subliñou

Sandra González lidera unha equipa que foi capaz de dinamizar a economía local e dotar Tomiño de dun servizos públicos de calidade, subliñou

Fecha: 18 de Mayo de 2015

Fuente: BNG

O portavoz nacional, Xavier Vence, presentou o goberno de Tomiño que lidera a nacionalista Sandra González como outro "excelente exemplo" do que sabe facer o Bloque nos concellos, un modelo de goberno que, en só oito anos, "soubo sacar a vila da decadencia para convertela nun referente en toda a Comarca do Baixo Miño".

"Onde goberna o BNG, a foto sempre sae bonita", sintetizou o dirixente nacionalista, "porque son concellos honestos, dinámicos, con servizos públicos de calidade e pensados para darlle calidade de vida ás persoas", alegou. "Con aval deste traballo feito, serán moitos máis os concellos gobernados por BNG-Asembleas Abertas a partir do 24 de maio".

Vence fixo especial fincapé na "transparencia e honradez" do goberno que encabeza a candidata Sandra González, "sempre ao lado da xente, como demostrou cos miles de afectados e afectadas polo roubo das preferentes, que tivo no Baixo Miño case a zona cero desta estafa". "O PP do resto dos concellos da comarca mirou para outro lado, como fixo Feijóo na Xunta, Sandra non, o BNG non, estivo ao lado das persoas estafadas, na rúa e desde as institucións".

O dirixente nacionalista enumerou os logros do goberno nacionalista, que ten dotado Tomiño de servizos públicos, "que para si quixeran moitas cidades", -citou as escolas infantís, o centro de día, a escola de música-, e a capacidade para xerar actividade económica na localidade, coa remodelación da praza de abastos como emblema.

Redobrar esforzos

Vence instou a todos os candidatos e candidatas, militantes e simpatizantes a redobrar esforzos nesta semana final de campaña "porque nos sobran motivos para convencer a toda a xente indecisa de que BNG-Asembleas Abertas é a alternativa ao PP en todo o país, onde lle disputamos terreo palmo a palmo".
"Moita xente é consciente e aprecia que alí onde goberna o BNG os concellos son transparentes e honestos, capaces de dinamizar o tecido económico local, comprometidos coa cultura e coa xente moza", e avanzou que o proxecto nacionalista "vai ter presenza en todas as corporacións e o goberno de moitas alcaldías importantes na nosa nación", superando "con creces" as expectativas das enquisas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones