Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Xampatito Pato presenta este venres no Teatro Municipal de Tui o espectáculo de circo-teatro: -Só-

Será as 19.30 h, cunha capacidade limitada a 60 espectadores

Será as 19.30 h, cunha capacidade limitada a 60 espectadores

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Octubre de 2020

Fuente: Concello de Tui

Unha proposta para todos os públicos na que se combina circo e teatro é que chega este venres ao Teatro Municipal de Tui, dentro da programación cultural “Volvemos ao Teatro” organizada polo Concello de Tui.  Será da man da compañía Xampatito Pato co espectáculo “Só”. Comezará ás 19:30 h e coa capacidade limitada a 60 persoas, cumprindo todas as medidas de prevención e seguridade.

“Só” achéganos a historia dun personaxe, único na súa especia, obsesivo, cuadriculado e meticuloso. Pero está rodeado de caixas que escapan do seu control polo que xoga con elas para darlles forma. Do caos de partida xorde un universo onde se inventa a risa, e se crea unha loucura cómica, que se transforma nun novo ser, cunha nova figura.    

Baixo a dirección de Arturo Cobas sobre o escenario estará Jesús Velasco, nun espectáculo cunha duración de 50 minutos. “Só” ten recibido numerosos galardóns, entre eles o 2º Premio Panorama Circada 2019, e o Premio do Público do Festival Malabharía 2020.

As entradas están á venda, en www.tui.gal até o venres ás 18:30 h ou o mesmo venres, dende unha hora antes do inicio da función, no despacho de billetes. Teñen un prezo de 4€ e 3€, este último para público infantil e para as persoas que teñan dereito a algún dos descontos establecidos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones