Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Deputación de Pontevedra crea unha app con información turística do territorio do río miño transfronteirizo

Uxío Benítez apunta que a ferramenta potenciará a visibilización e a interpretación do recursos naturais desta rexión

A APP contará cunha listaxe de puntos de interese xeolocalizados, podendo filtrarse segundo a tipoloxía e acceder á ficha de cada un deles

Fecha: 03 de Septiembre de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra está traballando na creación dunha aplicación móbil con información sobre rutas turísticas e puntos de interese do territorio do río Miño transfronteirizo, co obxectivo de potenciar o coñecemento da extensa e variada oferta turística da rexión. Esta iniciativa, segundo explica o deputado de Cooperación Transfronteiriza e director da AECT Rio Minho Uxío Benítez, supón unha importante posta en valor do patrimonio natural e cultural do territorio común entre Galiza e Portugal e forma parte das actividades incluídas dentro do proxecto de cooperación europea Visit Rio Minho.

A APP permitirá aos usuarios e usuarias pescudar, visualizar e organizar dende os seus dispositivos móbiles os enclaves de maior interese así como rutas, dispondo de diversos tipos de filtros de información. A empresa encargada do deseño é a portuguesa Bonus Itineris - Cooperativa de Qualificação Turistica e Territorial - CRL, quen resultou adxudicataria cunha proposta de 14.756,05 €, e que presenta unha importante traxectoria en proxectos similares. A iniciativa busca a adopción dunha estratexia coherente de promoción do territorio do río Miño transfronteirizo como destino turístico, apuntou Benítez.

O deputado de Cooperación Transfronteiriza indicou que con esta APP "quérese crear unha ferramenta tecnolóxica de información que potencie a visibilización e a interpretación do recursos naturais do río Miño transronteirizo". Así mesmo, preténdese articular solucións de promoción da autonomía dos e das visitantes e da súa interacción co territorio, con propostas que conxuguen unha vivencia cultural, natural e identitaria dos destinos, valorizando o patrimonio común da zona.

A aplicación estará dispoñible gratuitamente nos sistemas iOS e Android e nas tendas online APP Store (iOS) e Google Play (Android). Contará cunha listaxe de puntos de interese xeolocalizados, podendo filtrarse segundo a tipoloxía, coa posibilidade de acceder á ficha de cada un deles, onde haberá texto e imaxe. A aplicación desenvolverase en tres idiomas, galego portugués e español e contará cunha audioguía.

O traballo de creación da aplicación dividirase en diferentes fases. En primeiro lugar realizarase unha selección de rutas e puntos de interese, tras o que terá lugar a recollida de contidos así como reunións coas entidades turísticas galegas e portuguesas implicadas. Nunha segunda fase terá lugar o desenvolvemento tecnolóxico e por último haberá unha período de probas. Estímase que a aplicación estea a disposición dos e das usuarias a finais deste ano.

VISIT RIO MINHO obtivo un financiamento do 75% de fondos FEDER no marco da convocatoria do POCTEP 2014-2020 Interreg V A, cun orzamento total aprobado de 2.000.000,00 €, o que supón unha achega de fondos europeos que ascende a 1.500.000,00 €.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones