Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

A Eurocidade Cerveira-Tomiño premiada pola creación das valedoras da cidadanía transfronteiriza

A candidatura presentada por tomiño recibe en méxico unha mención especial como -boa práctica en participación cidadá 2019- concedida polo observatorio internacional da democracia participativa

A candidatura presentada por tomiño recibe en méxico unha mención especial como -boa práctica en participación cidadá 2019- concedida polo observatorio internacional da democracia participativa

Fecha: 12 de Diciembre de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

O municipio de Iztapalapa en Cidade de México acolleu esta madrugada a cerimonia de entrega da 13ª Distinción "Boa práctica en participación cidadá" concedida polo Observatorio Internacional da Democracia Participativa (OIDP), un organismo que agrupa 800 vilas, cidades e organizacións de todo o mundo. Tomiño foi unha das seis finalistas, canda as cidades francesas de Metz e Burdeos, e as colombianas de Bogotá, Medellín e Nariño, recibindo unha das mencións especiais outorgadas polo xurado deste certame: https://oidp.net/distinction/es/index.php

A vila galega presentara, en nome da Eurocidade Cerveira-Tomiño, a experiencia da creación das Valedoras da cidadanía transfronteiriza como un instrumento favorecedor da participación cidadá. Entre todas as candidaturas enviadas ao certame resultaron elixidas por votación 14 e, posteriormente, un xurado experto escolleu de entre elas as 6 finalistas que optaron agora á Distinción e as Mencións especiais feitas públicas na clausura da 19ª Conferencia da OIDP celebrada en México entre o 7 e o 10 de decembro.

Na fundamentación da candidatura remitida desde a Eurocidade, destácase que "malia as fronteiras físicas deixar de existir na Unión Europea, aínda persisten moitas ‘fronteiras burocráticas' que impeden unha cooperación eficaz entre as cidadanías locais". A existencia de institucións pioneiras de caracter transfronteirizo como as Valedoras ou o Orzamento participativo facilitan o empoderamento cidadán co obxectivo de construír eurocidadanía e "zonas francas sociais" con meirande igualdade e mellor calidade de vida.

O obxectivo da distinción da OIDP é recoñecer as experiencias innovadoras que os gobernos locais desenvolvan no campo da democracia participativa. Adicionalmente, búscase dar visibilidade a estas prácticas, achegándoas a outros gobernos locais para que poidan ser replicadas. As propostas deben procurar o fortalecemento comunitario, a ampliación dos dereitos da cidadanía relacionados coa participación política e a mellora da calidade das decisións públicas a través de mecanismos de democracia participativa.

 

O Observatorio Internacional da Democracia Participativa (OIDP) https://oidp.net/es , nacido en 2001, é unha rede de máis de 800 cidades do mundo, entidades, organizacións e centros de investigación que queren coñecer, intercambiar e aplicar experiencias sobre democracia participativa no ámbito local para profundar na democracia no goberno das cidades. Tomiño integrárase nesta rede en 2018.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí