Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

-A Gata con Zocos- chega este domingo ao Rosal

A cita será ás 17:00 horas no Auditorio Municipal do Rosal. A entrada ten un custo de 3 ?

A cita será ás 17:00 horas no Auditorio Municipal do Rosal. A entrada ten un custo de 3 ?

Fecha: 15 de Diciembre de 2018

Fuente: Agrupación Musical do Rosal

A comedia musical "A Gata con Zocos" recalará no Rosal o vindeiro domingo día 16 de decembro. A cita será ás 17:00 horas no Auditorio Municipal do Rosal.

Esta novidosa proposta escénica que conxuga música, teatro e monicreques sobre o escenario foi posta en marcha pola compañía de teatro "A Cova das Letras", e dende a súa exitosa estrea, fai agora un ano, leva percorrido moitos puntos da xeografía galega. Cristina Collazo, actriz e directora da obra e os títeres de Anxo García estarán acompañados pola banda da Agrupación Musical do Rosal, que interpretará a composición musical de Manuel Paino para esta peza, unha adaptación do clásico O gato con botas.

A entrada ten un custo de 3 € e pode adquirirse de maneira anticipada na oficina da Agrupación Musical do Rosal (Auditorio do Rosal - Porta Lateral).

Animamos aos veciños e veciñas a achegarse ata O Rosal o vindeiro domingo 16 de decembro para disfrutar con este espectáculo para toda a familia.

Breve reseña sobre a obra: Trátase dunha comedia musical na que se revisa o conto tradicional "O gato con botas", xa que o principio o protagonista da historia non era un gato, se non unha gata, pero co tempo isto cambiou e merece ser transmitido ao público máis novo para poñer o acento na reivindicación de valores da sociedade actual. Recuperando a figura orixinal da gata, o Herdeiro recibe do seu finado pai un circo en bancarrota. As artistas e músicos do mesmo abandónano e Don Casio reclama as súas débedas. Máis a minina, máxica por calzaren uns zocos, converterá ó herdeiro no Marqués de Carabás...e así, enfeitizados, os músicas e artistas regresan e a débeda será anulada! MIAU.


Nace así A gata con zocos, pequeno musical tinguido de humor, música e reivindicación da figura feminina.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones