Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A Valedora visita Tomiño este mércores para atender as queixas que a veciñanza lle queira achegar

A oficina do Valedor do Pobo convida a veciños de todas as parroquias e de localidades próximas a se achegar ao encontro

A oficina do Valedor do Pobo convida a veciños de todas as parroquias e de localidades próximas a se achegar ao encontro

Fecha: 23 de Mayo de 2018

Fuente: Valedora do Pobo

A valedora do pobo, Milagros Otero Parga, trasladarase o próximo mércores 23 de maio á localidade pontevedresa de Tomiño. A institución invita a todos os interesados a participar ese día nun encontro de atención directa á veciñanza. Atenderá en persoa as queixas e consultas que queiran facerlle chegar nunha xuntanza que se celebrará entre as 16.00 e as 18.00 horas no salón de plenos da Casa do Concello.

O programa da valedora do pobo incluirá unha visita á Casa do Concello (12.00 horas) onde se entrevistará coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González e saudará á Corporación Municipal para tomar nota das cuestións que os representantes públicos queiran facerlle chegar.

O obxectivo da visita é achegar os servizos que ofrece a institución do Valedor do Pobo á cidadanía co fin de atender, protexer e defender os seus dereitos fronte ás actuacións das administracións públicas en políticas agrícolas e gandeiras, sanitarias, educativas, de vivenda, servizos sociais, medio ambiente, xustiza, urbanismo; e tamén en cuestións relacionadas cos servizos de interese xeral, como poden ser as reclamacións con empresas de subministración de servizos públicos, entidades financeiras, etc.

Aínda que se fixo chegar invitación a través do Concello, a oficina do Valedor do Pobo convida a veciños de todas as parroquias e de localidades próximas a se achegar ao encontro. A propia valedora e o persoal da institución estará a dispor dos interesados de 16.00 a 18.00 no salón de plenos do Concello (Praza do Seixo, 1).

Calquera persoa ou colectivo poderá dirixirse directamente á valedora e trasladar a súa reclamación, aínda que, para unha mellor prestación do servizo, poderase concertar unha cita previa chamando ao teléfono 981 569 740 ou enviando un correo electrónico a comunicacion@valedordopobo.gal.

A visita a Tomiño, que foi aprazada o mes pasado por motivos de saúde da valedora, forma parte do programa de encontros que cada 30 días a titular da institución realiza nun concello de Galicia. A institución do Valedor do Pobo quere agradecer a colaboración brindada pola alcaldía de Tomiño para organizar o encontro.

Nos últimos meses a defensora trasladouse a Chantada, Valdoviño, Guitiriz, Carballeda de Avia, Láncara, Curtis, Marín, Monforte, O Barco de Valdeorras ou Carballo, entre outras localidades. Os casos problemáticos que achegan os veciños nestas xuntanzas inician a súa tramitación con carácter inmediato e tamén adoitan atopar solucións en moi pouco tempo.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones