Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Achegamento do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola aos centros de ensino para o relevo xeracional

O proxecto de colaboración RELEVO 2 é unha iniciativa de carácter formativo promovida por seis Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia.

O proxecto de colaboración RELEVO 2 é unha iniciativa de carácter formativo promovida por seis Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia.

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Enero de 2022

Fuente: Arenaria Coordinacion

Despois dunha primeira fase na que se realizou a presentación do proxecto nun acto público no Museo do Pobo Galego en Santiago e a captación dos centros educativos para a súa participación, o programa arranca este 2022 con 51 institutos inscritos, máis de 2170 escolares de secundaria participantes e novas actuacións que xa deron comezo a semana pasada.
Neste anualidade, que se prolongará ata final de ano, o RELEVO 2 levará cabo as seguintes actuacións:
- formación en centros de ensino de cara a coñecer as oportunidades do sector pesqueiro,
- visitas a empresas nos diferentes territorios GALP para que o alumnado sexa coñecedor de primeira man dos recursos e oportunidades que ten na súa zona xeográfica,
- elaboración dun manual de boas prácticas de cara a recoller a información principal sobre titulacións, saídas profesionais e centros de ensino en relación ao sector do mar e tamén proxectos de éxito levados a cabo nos diferentes territorios e,
- Buscarase a posibilidade de que un número determinado de alumnos poida ter unha experiencia de embarcar en busques de pesca, a modo de prácticas, para vivir e experimentar en primeira persoa o día a día das xentes do mar.
En canto ao programa formativo divídese en tres bloques principais de contidos:
a) PESCA E ACUICULTURA
b) TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN
c) TURISMO E DEPORTES NÁUTICOS
Cada bloque impartirase a través de varias sesións de aula nas que se contará cun equipo docente formado por titulados superiores no eido da oceanografía con ampla experiencia na realización de actividades e proxectos de formación e divulgación científica sobre o medio mariño e o sector pesqueiro, destinados a centros educativos.
Ademais contarase con persoal do sector pesqueiro e de entidades colaboradoras (asociacións, empresas, etc) que irán á aula a falar de diferentes oficios e postos de traballo que o sector ofrece.
Os centros educativos poden participar na totalidade das sesións propostas ou ben escoller os bloques temáticos que máis lles interesen. Dende a organización podemos comentar que a meirande parte dos institutos anotados, participarán nos tres bloques propostos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones