Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

-Antón Alonso Ríos-, nome escollido por votación popular para o instituto de Tomiño

Éxito de participación para bautizar o centro con 2818 votos emitidos

Éxito de participación para bautizar o centro con 2818 votos emitidos

Fecha: 15 de Noviembre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

Antón Alonso Ríos é o nome máis votado para bautizar ao IES de Tomiño, que pasará a chamarse IES Antón Alonso Ríos, logo dos resultados escrutados hoxe e previa ratificación do Consello Escolar.

A elección de Antón Alonso Ríos foi apoiada por un total de 1026 votos, o 36% do total de votos emitidos. A participación na votación foi de 2.818 votos, dos que 402 votos foron depositados nas urnas físicas, e 2416 votos se rexistraron polo sistema dixital. A defensora das mulleres e dos movementos do campesiñado Isaura Gómez, foi o segundo nome máis votado, con 967 votos (34%). A terceira candidatura, o mantemento da súa actual denominación IES de Tomiño, foi votada por 825 persoas (29%).

O Concello de Tomiño puxo en marcha un proceso pioneiro en Galicia para a proposta e elección participativa de un nome para o instituto de educación secundaria do municipio. O proceso comezou en outubro coa recepción de propostas de tódolos cidadáns, que foron seleccionadas por un comité de expertos. En total recibíronse 51 propostas de nomes diferentes, das que o comité seleccionou 5 e o consello escolar do instituto decidiu os tres nomes finalistas que se someteron a votación.

A votación celebrouse durante 12 días (2-13 de novembro), en urnas situadas no instituto e na casa consistorial de Tomiño e tamén a través dun procedemento de votación on line.
Hoxe ás 12.00 horas procedeuse a apertura das urnas no Concello e ao proceso de reconto. Os resultados serán notificados ao consello escolar do IES de Tomiño que, unha vez aprobado, presentará unha solicitude formal de cambio de nome á Consellería de Educación.

 

Antón Alonso Ríos (Silleda 1887 - Bos Aires 1980) foi un mestre e pedagogo intimamente ligado a Tomiño, especialmente na etapa da II República. En Tomiño dirixiu a escola Aurora del Porvenir, onde desenvolveu un modelo educativo innovador, incorporando á educación práctica forestal. O franquismo obrigouno a emigrar a América. Participou na fundación do Consello de Galicia en Montevideo, que presidiu logo da morte de Castelao e ata 1950.

O instituto de Tomiño conta con 600 alumnos. O proceso participativo para escoller o novo nome do instituto de Tomiño é unha iniciativa pioneira, incluída no programa Educación da boa, posto en marcha no curso pasado polo Concello de Tomiño , coa finalidade de promocionar o instituto e un ensino público de calidade.

A alcaldesa explicou que a intención do equipo de goberno é lograr un maior vencellamento entre o instituto e os veciños e veciñas. "Por esta razón comezamos pola escolla do nome; queremos que os cidadáns participen máis na actividade e na mellora do IES, e que o IES se abra cada vez máis á sociedade. Cremos que é fundamental ter, mais tamén valorar unha educación pública de calidade", salientou Sandra González.

O programa Educación da boa inclúe, ademais do bautizo, unha análise das preferencias da comunidade escolar a través dunha enquisa, un programa de conferencias de orientación profesional para os alumnos do instituto e un plan comunicación e divulgación en redes sociais sobre as actividades do centro educativo.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones