Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

-As vaquiñas de Pinzás-, un exemplo da xestión sostible e rendible do monte

O proxecto silvopastoril financiado cos fondos Leader que coordina EuRural destaca pola súa labor na prevención dos lumes, pola xeración de valor engadido e a recuperación das razas autóctonas gandeiras

O proxecto silvopastoril financiado cos fondos Leader que coordina EuRural destaca pola súa labor na prevención dos lumes, pola xeración de valor engadido e a recuperación das razas autóctonas gandeiras

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Agosto de 2021

Fuente: EuRural

Pinzás (Tomiño) acolleu hoxe a presentación do proxecto “As vaquiñas de Pinzás”, un novo sistema de xestión do monte que cambiou en gran medida o uso das terras da contorna, e que conta cun orzamento de 190 mil euros, dos cales 150 mil están financiados cos fondos europeos da Medida Leader que xestiona a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural.

O proxecto pretende que a gandería e as novas tecnoloxías axuden a mellorar o estado ambiental do territorio, conservar o patrimonio, e dar uso a unhas terras que axuden a previr os incendios forestais. Para elo a Comunidade de Montes, a través dos fondos europeos Leader, busca consolidar o sistema silvopastoril do espazo traballando en base a tres piares fundamentais: a educación, o uso das novas tecnoloxías, e a recuperación de tradicións históricas.

A presidenta de EuRural e alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destacou hoxe a importancia dun proxecto que “pon en valor un monte que estaba en estado de abandono”, e que demostra que “vale a pena investir no rural”.  “As vaquiñas de Pinzas” representan “unha estratexia moderna que ten en conta todos os valores que deben primar neste tipo de actuacións no rural: o económico, o sostible, e o educativo”.

A directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, subliñou que este “é un proxecto modelo e exemplar para outras comunidades semellantes en Galicia”, e o conselleiro do Medio Rural, José González, tamén transmitiu os seus parabéns pola iniciativa e trasladou que e a Xunta tratará de impulsar iniciativas semellantes noutras partes do territorio galego.

“As vaquiñas de Pinzás” consiste en definitiva nun sistema  silvopastoril para a cría de tenreiras e vacas, unha tradición histórica que foi perdéndose co paso do tempo e que agora se retoma apostando por vacas de raza  vianesa, unha raza autóctona galega considerada en perigo de extinción, e pola recuperación de pastos degradados. A súa vez o proxecto fai tamén unha forte aposta pola innovación coa posta en marcha de solucións tecnolóxicas de apoio á xestión do gando, como a implementación dun sistema de xeolocalización das vacas.

Ademais, e tal como indicou a presidenta de EuRural, o espazo tamén conta cunha aula de interpretación que achegue a sociedade o coñecemento de valor sobre os montes, os seus usos, os seus retos ou a súa importancia. “Esperamos que todas as escolas do Baixo Miño e O Val Miñor visiten e aprendan coas vaquiñas de Pinzás”, concluíu Sandra González.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí