Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

ESTEBAN GONZÁLEZ RECORDA QUE FOI O GOBERNO DO PP O QUE CONSEGUIU QUE OS EMIGRANTES RETORNADOS NON PAGARAN SANCIÓNS

Lamenta que se intente utilizar aos emigrantes con fins electoralistas.

Lamenta que se intente utilizar aos emigrantes con fins electoralistas.

Fecha: 05 de Diciembre de 2015

Fuente: PP de Tomiño

O voceiro do PP de Tomiño, Esteban González Miranda, lamenta que representantes da plataforma de emigrantes retornados de Baixo Miño dirixan as súas críticas contra o Partido Popular, cando foron os gobernos do PP na Xunta e no Estado os que conseguiron que os pensionistas non teñan que pagar sancións, recargos nin xuros de demora, como a devolución das levadas a cabo que, por certo, lle foron impostos con anterioridade durante a etapa do goberno socialista.

González Miranda considera que "incluso se está enganando aos afectados, por intereses políticos, descargando as culpas no Partido Popular e non foi o PP o responsable das multas aos emigrantes, senón a Lei aprobada no 2006, durante a etapa de Zapatero, na que se sancionaba a toda esta xente".

O voceiro popular fai estas afirmacións, trala concentración mantida este mércores na praza do Concello de Tomiño e trala reunión mantida hai uns meses con representantes desta plataforma. "Na que puiden comprobar por min mesmo como se esquecían de dar certas informacións que lle afectaban a outros partido políticos e nas que se descargaba toda a responsabilidade no Partido Popular, incluso con insultos".

"Os afectados poden ter a seguridade de que foi o Partido Popular, desde o Parlamento de Galicia, a proposta do propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, o que traballou para que desde o Ministerio de Facenda se abrirá un proceso extraordinario de regulación e conseguir que os pensionistas non tiveran que pagar nada, nin sancións nin recargos, e que se lles devolvera os cartos a todas aquelas persoas que chegaran a pagar a sanción", explica González Miranda.

"Entendemos que os emigrantes defendan e loiten polo que cren xusto, pero o que non nos parece de recibo é que se intenten utilizar a esta xente con mentiras e con fins electoralistas descargando as culpas no Partido Popular, porque se houbo un partido que defendeu os intereses desta xente foi precisamente o Partido Popular de Galicia, porque entendemos desde o primeiro momento que esta xente traballadora, que tivo que abandonar o seu país non por gusto, senón para traballar, non tivo en ningún momento intención de defraudar", incide o voceiro popular.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí