Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

-Invisibles- visibilizará este domingo a violencia machista en Tomiño

A representación teatral, organizada pola Deputación de Pontevedra, terá lugar no Auditorio de Goián ás 18.00 horas

A representación teatral, organizada pola Deputación de Pontevedra, terá lugar no Auditorio de Goián ás 18.00 horas

Fecha: 23 de Noviembre de 2019

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra organiza este domingo 24 de novembro ás 18.00 horas o espectáculo dramático Invisibles, da compañía Redrum Teatro. O evento, que se celebrará no Auditorio de Goián, no concello de Tomiño, terá unha duración aproximada de 90 minutos e poñerá no punto de mira a invisibilidade que sofren os culpables de agresións machistas en contraposición coa exposición á que se ven abocadas as vítimas ante a sociedade.

Así, o espectáculo Invisibles, dirixido por Marián Bañobre, articúlase ó redor da novela homónima de Montse Fajardo e presenta ante o público sete testemuñas reais cun fío común entre elas: a violencia machista. A obra, coproducida por Redrum Teatro, o Centro Dramático Galego, a Concellería de Igualdade de Pontevedra e a Deputación da Coruña, recibiu nos XXIII Premios de Teatro María Casares tres galardóns nas categorías de mellor dirección, iluminación e adaptación-tradución.

Invisibles está orientada a un público adulto e adolescente maior de 12 anos e concentra unha gran dose de conciencia crítica, cuestionando deste xeito a realidade que envolve a trama para procurar transformala a través da sensibilización do público con respecto á lacra da violencia de corte machista. Ademais do pase no Auditorio de Goián, a peza tamén visitará o Auditorio Municipal de Caldas de Reis o 26 de novembro ás 11.30 horas.

Redrum Teatro, a compañía encargada da proposta, é unha empresa cultural dedicada á produción e distribución de espectáculos teatrais e edición de libros que leva en activo dende o ano 2009. Pola súa banda, a autora Montse Fajardo posúe unha traxectoria literaria e vital moi ligada ó ámbito da igualdade e a memoria histórica, con obras como Matriarcas ou Un cesto de mazás.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones