Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

-Medrando en Familia- atendeu en 2018 a máis de 60 unidades de convivencia

O Programa de Educación e Apoio Familiar do Concello de Tomiño, este ano diversifica a oferta de actividades que promoven a estimulación temperá, e consolida Medrando en Familia coma un recurso efectivo na crianza

O Programa de Educación e Apoio Familiar do Concello de Tomiño, este ano diversifica a oferta de actividades que promoven a estimulación temperá, e consolida Medrando en Familia coma un recurso efectivo na crianza

Fecha: 26 de Marzo de 2019

Fuente: Concello de Tomiño

O fin que se pretende acadar a través deste proxecto de intervención socio comunitaria centrado nas familias con menores de 6 anos, é estimular o establecemento de pautas básicas de organización familiar". Con estas palabras a concelleira de Benestar, Cristina Martínez, define o espírito do Programa Medrando en Familia, cuxa edición 2019 inclúe varias novidades, tanto en contido, coma na forma de poñelo en práctica.

Medrando en Familia ao longo do 2018 deu resposta a 60 familias e aos seus menores, diversificando a oferta de actividades que promoven a estimulación e a participación social, ademais de ser un recurso moi efectivo para a crianza en positivo, dotando de ferramentas moi útiles ás familias.

"Este é un proxecto que fomenta hábitos de comunicación entre nais, pais e fillos/as; pautas de relación que promovan a estimulación temperá e que axuden a evitar a marxinación social e a pobreza familiar no eido educativo, así como a detección en estadios temperás de disfuncións", continúa a explicar a concelleira.

A primeira proposta para o 2019 é un encontro: "Estratexias para unha crianza en positivo", luns 8 e 22 de abril ás 19.00h na Casa da Cultura. A esta cita séguenlle outro encontros de primeiros auxilios na infancia, teatro e dous obradoiros de estimulación temperá.

Froito da análise e da experiencia acumulada do Programa de Educación e Apoio Familiar
co obxectivo de dar resposta a ese intervalo de poboación que conforma a primeira infancia e a rede familiar, deseñouse un programa a finais de 2017, que comezou no ano 2018 baixo a denominación de Medrando en familia. No que se promove a estimulación en sentido amplo, a adaptación da intervención ás necesidades da familia e en relación aos menores, propiciando aprendizaxes e cambios significativos na súa contorna.

Contemplanse, espazos de encontro, de carácter grupal, nos que se abordan inquedanzas colectivas e, por outro, obradoiros de traballo en familia, que se complementan coa intervención individualizada no entorno familiar, cando se detectan disfuncións.

Ademais, este ano púxose en marcha un protocolo de intervención psicolóxica domiciliaria, cunha dimensión individualizada e centrada en demandas concretas para superar situacións que non permiten un desenvolvemento harmónico da unidade de convivencia. Na actualidade hai un total de 8 familias coas que se está traballando, estando esta acción financiada a través dun convenio de colaboración entre o Concello e Obra Social La Caixa.

Outra das novidades é o traballo conxunto que o departamento de Educación Familiar leva a cabo coa Oficina Municipal de Igualdade, coa finalidade de tratar dun xeito integral e coordenado os casos de violencia de xénero e conflitividade familiar, especialmente, cando existen menores implicados, e a colaboración no deseño de actuacións conxuntas que promovan o bo trato, o respecto e a educación en igualdade, tanto en menores, coma na mocidade e nais e pais.

Na actualidade máis de 15 familias están sendo atendidas de xeito coordenado entre ambos programas, valorando moi positivamente a eficacia da intervención.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones