Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

-O Concello Escoita- chega a súa recta final cun salientable nivel de participación veciñal

A iniciativa -O Concello Escoita- pretende, ademais de informar sobre proxectos que se están a executar, coñecer mellor as necesidades de cada parroquia e tomar nota das propostas veciñais

A iniciativa -O Concello Escoita- pretende, ademais de informar sobre proxectos que se están a executar, coñecer mellor as necesidades de cada parroquia e tomar nota das propostas veciñais

Fecha: 04 de Abril de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Coma vén sendo habitual, a rolda intensiva de xuntanzas informativas denominada "O Concello Escoita", rexistrou en xeral, un moi bo nivel de participación veciñal, en cada unha das sesións celebradas ao longo das dúas semanas pasadas, nas diferentes parroquias.

A iniciativa, que comezou o pasado día 21 de marzo, obtivo unha media de 50 asistentes por sesión, polo que se prevé que ao remate da actividade, sexan máis de 500 persoas as que participen.
A rolda entra na súa recta final coas dúas últimas xuntanzas, que terán lugar en Tomiño (Luns na Casa da Cultura ás 20.00 hs.) e o martes, 4 de abril, en Goián (Centro Goianés, ás 20.00 hs.).

Nestas xuntanzas os representantes do goberno local informan sobre as obras e proxectos levados a cabo no presente ano, e logo da exposición de temas relativos ao funcionamento do Concello, tal coma as partidas dos orzamentos municipais (gastos e ingresos, proxectos e investimentos previstos, etc.), escoitan as dúbidas e consultas dos veciños e veciñas, sobre aspectos relativos á parroquia e ao municipio en xeral.

"O goberno local entende que a participación política é unha das prioridades. Queremos un concello dinámico e vivo onde todos e todas esteamos implicados no seu funcionamento, aportemos solucións e coñezamos a súa realidade como administración máis próxima á veciñanza", explica a alcaldesa, quen agradece a asistencia da veciñanza e o interese amosado polas cuestións municipais e as necesidades dos diferentes núcleos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí