Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

-Os vellos non deben de namorarse- chega este domingo a Tomiño

A representación, a cargo da compañía Teatro do Morcego, poderá verse no Auditorio de Goián este domingo ás 19 horas

A de Tomiño será a terceira función dunha xira por 10 concellos da provincia, coa que se conmemora o 75 aniversario da estrea da única obra dramática de Castelao

Fecha: 08 de Octubre de 2016

Fuente: Deputación de Pontevedra

"Os vellos non deben de namorarse" de Teatro do Morcego chega este domingo a Tomiño no marco da xira teatral do Ano Castelao da Deputación de Pontevedra. Esta obra de gran formato que subirá ao escenario a 10 actores e actrices, e cuxa entrada terá un prezo de 3 euros, será presentada o domingo día 9, ás 19 horas no Auditorio de Goián.

Coincidindo co 75 aniversario da súa estrea orixinal en Bos Aires, esta obra escrita por Alfonso Daniel R. Castelao, percorrerá 10 concellos da provincia, sendo a de Tomiño a terceira función tras pasar, na pasada fin de semana, por Pontevedra e por Cambados, lugares nos que foi un éxito absoluto de público, chegando mesmo a esgotarse as localidades. "Os vellos non deben de namorarse", recuperada por Teatro do Morcego, porá sobre o escenario a 10 actores e actrices para representar os tres lances nos que se desenvolve a tese de que o vello que namora a destempo vese condenado polo pobo, e abocado a enfrontarse ás convencións. Trátase, ademais, dunha obra na que Castelao adapta á tradición galega elementos anovadores de comezos do século pasado tras coñecer, na súa visita a París de 1921, o teatro de Nikita Balieff. Daquela experiencia, o autor rianxeiro introduciu na súa propia obra elementos simbólicos como os retratos dos pais do personaxe de Don Ramón que lle falan desde as paredes simbolizando a conciencia; o uso das máscaras e do folclore musical a través dos coros populares.

"Os vellos non deben de namorarse" é ademais unha obra amplamente coñecida e que forma parte do considerado "teatro clásico galego", pero que aínda permanece vixente e conta cunha gran aceptación por parte do público. A demanda para poder ver este texto representado por unha compañía profesional como Teatro do Morcego, e cun elenco de actores e actrices consagradas no ámbito escénico galego, fixo que esta obra fose incluída de xeito preferente na programación teatral do Ano Castelao da Deputación. Debido ao seu grande formato, o que require de instalacións axeitadas para acoller a súa representación, só se programou en 10 concellos concretos da provincia. Despois de Tomiño, o percorrido continuará pola Illa de Arousa, Cangas, Sanxenxo, A Estrada, Gondomar, Vigo e Redondela.

Esta é unha das cinco propostas que o ente provincial incluíu na súa programación teatral con motivo do Ano Castelao e co obxectivo de que os concellos poidan complementar a súas ofertas culturais e posibilitar que o teatro chegue a toda a poboación da provincia. Esta programación inclúe cinco obras, a mencionada "Os vellos non deben de namorarse" de Teatro do Morcego, "Retrincos de Castelao" de Culturactiva, "Que comera o rei?" de Cándido Pazó, "Pegadas de Castelao" de Migallas Teatro, e "A lingua na boca" de Limiar Teatro. Cinco propostas que sumarán 90 representacións ata finais de ano, das cales 62 xa tiveron lugar nos meses de xullo e agosto coa obra "A lingua na boca", que percorreu xa todos os concellos pontevedreses.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones