Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Proxecto transformador do BNG no Rosal

A portavoz do BNG mostrouse convencida de que a nova alcaldesa nacionalista responderá con -traballo e rigor- ás necesidades dos veciños e veciñas

A portavoz do BNG mostrouse convencida de que a nova alcaldesa nacionalista responderá con -traballo e rigor- ás necesidades dos veciños e veciñas

Fecha: 30 de Agosto de 2019

Fuente: BNG

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón cualificou de "dantesco" que o PP e PSOE por "pura estratexia partidista", poñan en risco recursos que financian servizos fundamentais para a cidadanía.

Para Pontón esta "estratexia falida" responde á intención do Partido socialista para forzar o apoio da dereita á investidura. Agora, dixo, non deixa de sorprendernos que un partido que fixo campaña contra o "trifachito", busque unha pata de apoio desa dereita.

PONTÓN RETA A FEIXÓO A EMPRENDER A VÍA XUDICIAL

A portavoz do BNG afirmou que a Xunta carece dunha estratexia propia e Feixóo "un día di unha cousa e outro di a contraria, amaga con levar ao estado aos tribunais pero á hora da verdade, prégase a estratexia marcada pola dirección do PP dende Genova." A nacionalista retou a Feixóo a presentar o "recurso xudicial contra o estado para que Galiza cobre a débeda" e pediu a Feixóo que defenda o pago de 200 M€ para dependencia, 2.000 M€ en obras non executadas para melloras do ferrocarril e o financiamento do porto exterior da Coruña, en total, dixo, o estado debe a Galiza 3.000 M€.
Ademais, recalcou que Galiza precisa "dun presidente que actúe pensando primeiro nos intereses de todos os galegos e galegos e menos nas directrices que lle marca o PP dende Madrid".

Por outra parte, asegurou que o PP debe comezar a recoñecer o gran erro do actual modelo de financiamento, un modelo de financiamento no que a chave dos cartos do noso país está en Madrid. BNG defendemos outro modelo no que os galegos e galegas "teñamos a chave dos nosos cartos".

Pontón realizou estas declaracións na súa visita ao concello de O Rosal onde mantivo un encontro coa alcaldesa, Ánxela Fernández. Tras felicitar a rexedora do Rosal que goberna en maioría, a portavoz do BNG mostrouse convencida de que a nova alcaldesa nacionalista responderá con "traballo e rigor" ás necesidades dos veciños e veciñas cun programa transformador como o que se está aplicando nos concellos gobernados polo BNG, entre os que nomeou como referente o concello de Tomiño.

En corenta anos, explicou Pontón , a veciñanza fixo unha aposta polo nacionalismo para colocar "O Rosal no mapa". Pontón destacou a "marca do BNG" que cando chega ás institucións implanta medidas para dinamizar a económica, defender a cultura e o patrimonio e sobre todo, "mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas".

PROXECTO TRANSFORMADOR DO BNG NO ROSAL

Pola súa parte, a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández atribuíu a vitoria do BNG a un "traballo e ilusión colectiva". Temos un equipo preparado e xa tomamos as primeiras medidas que propuxemos durante a campaña. Neste sentido, apuntou que o traballo municipal estará centrado na transparencia da comunicación, unha axenda cultural que chegue aos barrios e sobre todo destinada á xente maior. Asemade, engadiu que establecerán consellos municipais para potenciar o traballo asociativo e veciñal, medidas para recuperar os espazos para as persoas, fomentar o comercio e a praza de abastos así como revisar os actuais orzamentos. Finalmente lembrou que grazas á comunicación e colaboración coa vila portuguesa de Caminha iniciaranse experiencias nos ámbitos da cultura e patrimonio.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones