Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

-Retrincos de Castelao- chega este mércores a Tomiño

Terá lugar mércores 12 no Auditorio de Goián ás 19:00 horas

A obra, dirixida por Diego Rey, está protagonizada por dous actores amplamente coñecidos na escena galega, Isabel Risco e Fran Rei

Fecha: 12 de Octubre de 2016

Fuente: Concello de Tomiño

Este mércores, ás 19:00 horas no Auditorio Goián, chegará a Tomiño a obra 'Retrincos de Castelao', no marco da programación teatral do Ano Castelao da Deputación de Pontevedra. Trátase dunha obra creada pola compañía Culturactiva para achegar ao público actual a vida e a traxectoria de Castelao, combinando a comedia con elementos dramáticos. Dirixida por Diego Rey, esta obra pon sobre o escenario a dous actores amplamente coñecidos na escena galega, Isabel Risco e Fran Rei.

'Retrincos de Castelao' parte de textos do propio Castelao, fundamentalmente de Cousas e Retrincos, e dunha ducia de viñetas, que dan como resultado un texto que vai saltando da vida á obra do autor rianxeiro e permite abordar todas as arestas do personaxe e ir repasando as súas facetas: a humana, o humorista, o debuxante e o político.

Esta proposta, que xa estivo en Bueu e en Caldas de Reis, continuará o seu percorrido despois de pasar por Tomiño por sete concellos máis: Ponteareas (29 de outubro), Cuntis (30 de outubro), O Grove (9 de novembro), Sanxenxo (3 de decembro), Poio (10 de decembro), Silleda (11 de decembro) e Forcarei (16 de decembro).

Esta é unha das cinco obras que o ente provincial incluíu na súa programación teatral co obxectivo de que os concellos poidan complementar a súas ofertas culturais e posibilitar que o teatro chegue a toda a poboación da provincia. Esta programación inclúe cinco obras, a mencionada 'Retrincos de Castelao' de Culturactiva, 'Que comera o rei?' de Cándido Pazó, 'Pegadas de Castelao' de Migallas Teatro, 'Os vellos non deben de namorarse' de Teatro do Morcego -que en Tomiño se representou o pasado domingo-, e 'A lingua na boca' de Limiar Teatro. Cinco propostas que sumarán 90 representacións ata finais de ano, das cales 62 xa tiveron lugar nos meses de xullo e agosto coa obra 'A lingua na boca', que percorreu xa todos os concellos pontevedreses.

'Retrincos de Castelao' é un espectáculo de pequeno formato que, segundo xa explicara o actor Fran Rei no día da presentación da programación, "será un espectáculo ácido co que pretendemos achegarnos ao humor de Castelao, que tamén era ácido e cheo de pensamento político e de crítica". Asegurara, ademais, "que o texto é un arma de construción masiva nun momento no que os gobernos intentan botar terra sobre a nosa identidade".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones