Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

-Smartpeme- duplica o número de participantes nos cursos de formación sobre as tic no primeiro trimestre de 2017

A iniciativa da Deputación de Pontevedra, dirixida ao asesoramento e capacitación en novas tecnoloxías, ofreceu 91 cursos entre xaneiro e abril a máis de 800 asistentes

A iniciativa da Deputación de Pontevedra, dirixida ao asesoramento e capacitación en novas tecnoloxías, ofreceu 91 cursos entre xaneiro e abril a máis de 800 asistentes

Fecha: 04 de Mayo de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

"SmartPeme", a iniciativa de asesoramento sobre novas tecnoloxías dirixido a PEMES, persoas autónomas e emprendedoras posta en marcha polo goberno de Carmela Silva, prestou servizo a máis de 800 proxectos empresariais nestes primeiros tres meses de 2017, o que supón un incremento do 47% respecto ás 556 persoas que participaron nos seus obradoiros no mesmo período do ano anterior. Trátase duns datos moi positivos que poñen de manifesto a utilidade do proxecto e que veñen a ser o resultado dos esforzos da Deputación por relanzar este programa de asesoramento.

En concreto, entre xaneiro e marzo de 2017 o "SmartPeme" ofreceu 91 cursos, 10 máis que os impartidos o ano pasado, nos que participaron 832 persoas. Os cursos foron do máis variado, dende formación básica en redes sociais, almacenamento de datos na nube ou como usar Instragram na empresa, ata o uso de ferramentas de traballo específicas como Hootsuite ou Facebook Ads. Ademais, nestes primeiro trimestre de 2017, os servizos de asesoramento de SmartPeme foron solicitados po 297 empresas, fronte ás 221 que o fixeron no curso anterior, o que permitiu resolver 422 consultas relacionadas con diversos ámbitos das TIC, o que representa un aumento de case o 50%.

O proxecto de asesoramento, que da servizo a toda a provincia a través dos 6 puntos de atención nos concellos de Cambados, Lalín, Porriño, Ponteareas, Pontevedra e Vigo, e da páxina web smartpeme.depo.es, está permitindo que cada vez máis axentes do sector empresarial se aproveiten destes servizos para mellorar a produtividade e incrementar as ventas dos seus negocios. Precisamente, estas liñas de traballo, o asesoramento e a capacitación tecnolóxica, permiten dotar ao tecido empresarial pontevedrés as ferramentas necesarias para competir nun mercado cada vez máis globalizado, onde a xestión da información e a presenza en medios web son unha necesidade dos negocios en calquera sector produtivo.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones