Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

-Tomiño único- finaliza a súa programación este sábado coa xeira -Camiño do norte a Santiago-

Ao longo da xornada, as persoas asistentes desfrutarán e coñecerán de primeira man o patrimonio natural e etnográfico da zona.

Ao longo da xornada, as persoas asistentes desfrutarán e coñecerán de primeira man o patrimonio natural e etnográfico da zona.

Fecha: 15 de Septiembre de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Este sábado 16 de setembro, Tomiño Único remata a edición deste ano cun roteiro guiado que amosará o inicio do Camiño norte de Santiago en territorio galego.

O itinerario seguirá un treito circular ao longo de 5 quilómetros e percorrerá diferentes puntos do municipio polos que discorre o Camiño norte de Santiago. As persoas participantes poderán admirar e coñecer aspectos culturais, sociais ou de tipo arquitectónico da man do especialista Antonio Soliño Troncoso e, por suposto, gozando da paisaxe e o medio natural da beira do río Miño.

A actividade está promovida polo Concello de Tomiño en colaboración co Instituto de Estudos Miñoráns, e comezará ás 18:00 horas da tarde dende a Igrexa de Goián. Trátase dunha ruta de dificultade baixa e apta para tódolos públicos, indo os/as menores de 15 anos acompañados/as por unha persoa adulta.

Coa celebración desta derradeira xeira, Tomiño Único pecha unha programación que xa acolleu outras actividades ao longo de verán e coa que se pon en valor o patrimonio natural e cultural do Concello de Tomiño.

Para máis información pódese consultar a páxina web do Concello de Tomiño, www.tomino.gal , o enderezo electrónico cultura@tomino.gal, ou o teléfono 986 622 001.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones