Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

UCGAL AFONDA NAS PROBLEMÁTICAS QUE AFECTAN ÁS MULLERES GALEGAS EN MATERIA DE CONSUMO

Unha visión do consumo con perspectiva de xénero

Unha visión do consumo con perspectiva de xénero

Fecha: 09 de Marzo de 2016

Fuente: Unión de Consumidores de Galic

No marco das celebracións do Día Mundial da Muller e do Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, que se celebra o vindeiro 15 de marzo, a Unión de Consumidores de Galicia reuniu a cinco mulleres para falar, en primeira persoa, de consumo, igualdade e dereitos das persoas consumidoras desde unha perspectiva de xénero.

O resultado destes encontros é unha entrevista na que conflúen temas de actualidade como a chamada taxa rosa ou a influencia das novas tecnoloxías nos hábitos de consumo con vivencias persoais e valoracións sobre a imaxe da muller na publicidade. "Cinco mulleres arredor do consumo" foi posíbel grazas a participación da Directora Xeral de Comercio, Sol María Vázquez; da xerente da Praza de Abastos de Santiago, Marta Rey; da cooperativista de Gaia dos Nenos, Míriam Parada; da Doutora en Química Orgánica, Beatriz Noya e da asociada da UCGAL, María Dolores Vicente.

Con esta experiencia, a UCGAL quere dar voz ás problemáticas que afectan ás mulleres en materia de consumo consciente de que hai cuestións que tenden a pasar desapercibidas para o conxunto da cidadanía. Esta asociación considera un dos seus obxectivos fundamentais avanzar cara unha sociedade onde as relacións de mercado sexan máis igualitarias e na que non teña cabida a discriminación por xénero.

A entrevista a estas cinco mulleres estará dispoñible na páxina web da Unión de Consumidores desde as 12:30 horas do 8 de marzo, Día Mundial da Muller.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones