Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

1 de decembro, Día Mundial da SIDA

Cada 1 de decembro, Día Mundial da SIDA, persoas de todo o mundo unan esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e amosar solidariedade internacional ante a pandemia.

1 de decembro, Día Mundial da SIDA

Fecha: 01 de Diciembre de 2018

Fuente: Érguete Baixo Miño

Cada 1 de decembro, Día Mundial da SIDA, persoas de todo o mundo unan esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e amosar solidariedade internacional ante a pandemia.

Este ano celebrase o 30º aniversario do primeiro Día Mundial da Loita contra a Sida (en 1988). Trinta anos de activismo e solidariedade baixo esta bandeira. Trinta anos en defensa do acceso universal aos servizos vitais para tratar e previr a VIH. Non obstante, aínda non acabamos ca sida. Queda moito por facer.

Dende Érguete Baixo Miño, queremos facer eco da Campaña Día Mundial Da Sida #TransmiteRespeto. Besar, Comprender, Amar, Desfrutar, Tocar, Convivir Non Transmite o VIH, que o Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social publicou este 2018.

As persoas con infección por VIH continúan expostas a situacións de discriminación. Con información, ti podes evitalo. Infórmate sobre o VIH e transmite respecto.

Tamén, destacar a campaña divulgativa que dende o Plan galego anti VIH/sida e outras ITS desenvolve por toda Galicia. Esta campaña enmárcase dentro da campaña de ONUSIDA e o seu obxectivo é concienciar á poboación galega da transcendencia desta enfermidade e da importancia do respecto dos dereitos das persoas afectadas.

Baixo o lema: "Coñece o teu estado fai a proba do VIH" a Consellería de Sanidade quere facer un chamamento a poboación para sensibilizala da importancia de facer a proba do VIH e conseguir diagnosticar as persoas que descoñecen a súa infección para mellorar o seu futuro. A pesar de que no último ano o atraso diagnóstico desta infección diminuíu en Galicia, compre seguir, desde as institucións sanitarias, implementando as medidas que contribúan a diagnosticar e tratar ás persoas afectadas o máis precozmente posible. Coñecer o estado serolóxico respecto da infección polo VIH é a principal medida para poder controlar esta infección no futuro inmediato.

Para máis información podes dirixirte de maneira presencial nas instalacións de Érguete Baixo Miño r/Colón, nº20 (Edif. O Pescador 1º Piso) CP36780 A A Guarda, nos teléfonos 986 61 44 07 / 640 086 376 ou ben contactando no email info@erguete.org.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones