Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

118.200 euros para accións de protección da biodiversidade mariña en dúas confrarías do Baixo Miño

A Consellería de Mar aprobou destinar así axudas as Confraría de Pescadores do Miño e da Guarda co obxectivo de recuperar o medio ambiente e fomentar a sensibilidade ambiental

Estas subvencións forman parte da nova orde que conta cun orzamento total de 3,4 millóns de euros

Fecha: 02 de Agosto de 2017

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, anunciou que a aprobación de axudas para dúas confrarías do Baixo Miño por un importe global de 118.200 euros co obxectivo de poñer en marcha accións que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña así como ao fomento da sensibilización ambiental.

Deste xeito, beneficiaranse destas axudas bianuais as Confrarías de Pescadores do Miño e da Guarda, con 51.840 euros e 66.360 euros respectivamente. En total, esta nova orde de axudas da Consellería do Mar conta cun orzamento a nivel autonómico de 3,4 millóns de euros.

"En total, na provincia de Pontevedra beneficiáronse destas axudas 24 entidades profesionais do sector do mar, así como a Federación Galega de Confraría de Pescadores, que recibiu en concreto 22.800 euros", explicou Cores Tourís, quen matizou que estas subvencións estaban destinadas a confrarías de pescadores e as súas federacións, así como as cooperativas do mar, asociacións profesionais do sector e demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas por profesionais do sector, sempre que teñan a súa sede social en Galicia.

"O obxectivo es que estas asociacións e confrarías poñan en marcha proxectos concretos que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña, a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización medioambiental".
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones