Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

13 ESTABLECEMENTOS E EMPRESAS DO BAIXO MIÑO GALARDOAS CUN DISTINTIVO OU DIPLOMA DE SICTED

Premia o traballo, a dedicación realizado último ano nesa aposta pola calidade que xa se ven realizando no sector turístico co fin de ir un eslabón máis na procura da excelencia turística

Premia o traballo, a dedicación realizado último ano nesa aposta pola calidade que xa se ven realizando no sector turístico co fin de ir un eslabón máis na procura da excelencia turística

Fecha: 25 de Marzo de 2015

Fuente: depo.es

188 empresas e establecementos da provincia de Pontevedra recibiron esta mañá das mans do presidente da Deputación, o distintivo que que " premia o traballo, a dedicación realizado último ano nesa aposta pola calidade que xa se ven realizando no sector turístico co fin de ir un eslabón máis na procura da excelencia turística", segundo manifestou na súa felicitación aos galardoados, Rafael Louzán.
188 DISTINTIVOS DE CALIDADE
Turismo Rías Baixas foi pioneira en España na implantación deste Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED). En 2014 realizouse a 9ª fase deste Plan de Calidade destinado a empresas que desarrollan a súa actividade nas Rías Baixas. E esta mañá distinguiuse a 48 novas empresas e renovouse a marca a outros 140 establementos que xa participaran en anteriores fases, logrando un total de 188 empresas distinguidas na provincia de Pontevedra.
Agrupados en 17 categorías (13, Axencias de viaxes, 1 Albergues, 32 Aloxamentos Rurais, 2 Bares e Cafeterías, 10Adegas, 6 Campings, 8 Comercios. 11 Empresas de Transporte Turístico, 8 Empresas de Turismo Activo, 1 Escola de español para estranxeiros, 1 Guías turísticos, 31 Hoteis e Apartamentos Turísticos, 16
Museos e centros de Interpretación Turística, 10 Oficinas de Información Turística, 5 Outros Servizos, 6 Praias, 1 Porto Deportivo, 11 Restaurantes, 2 Servicios Turísticos de Saúde, 12 Taxis e 1 empresa de Turismo Industrial), estes 188 establecementos e empresas " atesouran que se están a facer ben as cousas ano a ano. Galicia e as Rías baixas son un destino único e só falta poñerlle o cariño para ue o visitante reciba ese complmento de calidade. O resto xa o temos: unha paisaxe única, unha gastronomía única e destinos inmellorables", segundo asegurou Rafael Louzán
Este diploma de Calidade Turística en Destino acredita o compromiso coa calidade e a mellora continua, distingue ó establecemento frente á competencia e ten validez bianual. "A Deputación está a facer un seguemento para que non se perda unha gran oportunidade de consolidar o sector nese obxectivo de conseguir a excelencia turística".
O cociñeiro Yayo Daporta que conta cunha estrela Michelín e o recoñecemento dun sol da Guía Repsol no seu restaurante de Cambados, compartiu a súa experiencia profesional cos resto de galardoados asegurando que "o éxito só é o resumo de buscar no traballo diario a máxima calidade co fin de oofercerlle o máximo ós clientes".
SEXTO DESTINO TURÍSTICO
Os Sistemas de Calidade nas empresas turísticas, implantados nas Rías Baixas dende o 2005, resultan fundamentais para conseguir que o cliente se sinta satisfeito co consumo dos productos e servicios turísticos da provincia de Pontevedra, á vez que se consolida o destino Rías Baixas como un destino competitivo e diferenciado grazas ao traballo de todos os axentes turísticos que apostan pola calidade no seu Servizo. "Temos que seguir consolidando o sector para lograr a excelencia turística". As Rías Baixas son na actualidade o sexto destino turístico de España e con esta aposta "podemos escalar un ou dous postos e, eso, para a nosa economía e a xeración de oportunidades de traballo é o mellor que se pode facer neste momento", asegurou o presidente da Deputación
En 2014, en Galicia recibiu a visita de 3,6 millóns de turistas, un 7,1% máis que o ano anterior. 1.041.960 destes visitantes, escolleron a provincia de Pontevedra como destino, o que a coloca como o segundo lugar da Comunidade máis visitado despois de Santiago.
NICHO DE EMPREGO EN 2015
O presidente da Deputación asegurou que coa impliación de todos os axentes do sector turístico da provincia este será un ano " de boas expectativas". O Turismo liderou a xeneración de emprego, con 53.213 afiliados máis á Seguridade Social, un 4,3% que no 2013. "Este debe ser o ano da recuperación e da consolidación dun dos sectores que a pesar da crise, resistiu. Só vos pedimos a vosa implicación para que fagamos unha aposta clara polo emprego. Nos seus parabéns Rafael Louzán tamén lles pediu aós galardoados que aproveiten esa aposta pola calidade para facer deste sector "nicho de emprego", xa que "hoxe en día hai moitas persoas formadas e preparadas que ogallá poida atopar con vós un nicho de oportunidades. Se é asó ano a ano irémonos superando a nós mesmos".
SMART DESTINOS
Asimesmo o presidente da deputación tamén anunciou quen en mes e medio as Rías Baixas serán un novo " Smart destino" grazás ao traballo conxunto da Administración provincial e o sector privado para que o " sector turístico da provincia teña un valor engadido que aporte riqueza e creación de emprego na comarca e en definitiva en toda Galicia." Louzán puxo de manifesto que a nosa comunidade "é un reclamo no territorio nacional e noutros países que apostan por Galicia como destino de calidade e de excelencia turística"

 

BAIXO MIÑO

13 establecementos e empresas galardoas cun distintivo ou diploma de SICTED polo seu compromiso de Calidade Turística co destino Rías Baixas

 

Establecemento

Concello

1.      Taxi Bernardo

TUI

2.    Casa Rural Abadía Eiras

O ROSAL

3.    Bodega Lagar de Fornelos

O ROSAL

4.    Bodegas Terras Gauda Q

O ROSAL

5.     Camping 1ª - Bungalow Park O Muiño

OIA

6.    Porta da Pía Artesanía (S.C.)

TUI

7.     E-bike Abadía de Eiras

O ROSAL

8.    HOTEL TALASO ATLÁNTICO-Q

OIA

9.    Concello de A Guarda

A GUARDA

10.                       DE AREA GRANDE-CONCELLO A GUARDA

A GUARDA

11.  O MUÍÑO-CONCELLO A GUARDA

A GUARDA

12.Talaso Atlántico Q

OIA

13.CASA PUERTAS

OIA

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones