Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

208.836,83 euros para o plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais do Baixo Miño

A Deputación adxudica case 2,2 millóns de euros para o plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais

A Deputación adxudica case 2,2 millóns de euros para o plan de cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios municipais

Fecha: 11 de Junio de 2018

Fuente: Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra adxudicou, en Xunta de Goberno, o Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais para os concellos de menos de 20.000 habitantes. Son un total de 2.189.546 euros dos que se benefician 52 municipios da provincia. "É con este goberno da Deputación co que achegamos o maior orzamento destinado nunca aos servizos sociais comunitarios na provincia, e grazas a isto, os concellos poden ter a estrutura suficiente para atender de xeito adecuado os servizos sociais comunitarios", destacou a presidenta.

O obxecto do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais é, por un lado, financiar o servizo de axuda no fogar básico, e por outro, contratar persoal técnico para os equipos municipais de servizos sociais comunitarios con perfís profesionais diferentes e complementarios. A presidenta da Deputación explicou que como novidade este ano 2018, ademais de aportar o maior investimento ata agora, tamén se financia a todos os concellos que ata este ano non contaban con técnicas e técnicos medios. "Axudamos así aos municipios que ata agora non podían prestar un servizo o máis adecuado porque non tiñan todos os recursos humanos necesarios para garantilo. Unha vez máis, a Deputación ten como eixo prioritario a equidade e que todos os concellos da provincia reciban os recursos precisos para garantir todos os dereitos e todos os servizos", afirmou Silva.

En concreto, a través deste perfil de técnicos e técnicas medios, apoiase a contratación de persoal para o servizo de educación e apoio familiar dos concellos que ata agora non contaban con este servizo básico. Trátase dos municipios de Fornelos de Montes, Mondariz Balneario, Oia, Soutomaior, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Moraña e Pazos de Borbén.

Máis polo miúdo, a comarca da Paradanta recibe un total de 119.674,16€, que se reparten entre os municipios de Arbo (17.213,78 €), A Cañiza (44.287,50 €), Covelo (32.335 €) e Crecente (25.837,38 €). O Condado recibirá 153.913,7 euros, que se distribúen entre Mondariz (52.027 €), Mondariz-Balneario (22.697,2 €), As Neves (26.666,5 €) e Salvaterra de Miño (52.523 €).

Ao Baixo Miño chegan 208.836,83 euros, que se reparten entre A Guarda (59.866,12 €), Oia (25.541,24 €), O Rosal (27.847,29 €), Tomiño (59.042 €) e Tui (36.540,18 €).

O Val Miñor recibe 168.670 euros, que van para Baiona (51.106 €), Gondomar (55.050 €) e Nigrán (62.514 €).

A comarca do Deza percibe 209.855,18 euros, que se reparten entre Agolada (46.581,06 €), Dozón (30.308,48 €), Rodeiro (22.832,32 €), Silleda (60.847,71 €) e Vila de Cruces (49.285 €).

Tabeirós-Terra de Montes recibe 90.517,21 euros entre Cerdedo-Cotobade (55.482,57 €) e Forcarei (35.034,64 €).

A comarca de Vigo recibe 269.838,69 euros, que se repartirán entre Fornelo de Montes (22.343,4 €), Mos (65.851,24 €), O Porriño (67.907 €), Pazos de Borbén (24.094,05 €), Salceda de Caselas (59.434 €) e Soutomaior (30.209 €).

O Morrazo recibe 132.457 euros, que se repartirán entre Bueu (51.786 €), e Moaña (80.671 €).

O Salnés recibe 457.968,76 euros, que se repartirán entre Cambados (46.623,50 €), Catoira (21.337 €), O Grove (50.189,79€), A Illa de Arousa (21.014,50 €), Meaño (55.042 €), Meis (31.224,86 €), Pontecesures (14.160 €), Ribadumia (29.296,63 €), Sanxenxo (62.202 €), Valga (43.939 €), e Vilanova de Arousa (82.939,48 €).

Por último, a comarca de Pontevedra recibe 377.797,03 euros, que se repartirán entre Barro (31.591,27 €), Caldas (50.907 €), Campo Lameiro (23.275,79 €), Cuntis (37.469 €), A Lama (29.786,64 €), Moraña (23.577 €), Poio (89.618,33 €), Ponte Caldelas (40.917 €), Portas (29.806,5 €) e Vilaboa (20.866,5 €)

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí