Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

24 NOVOS TRABALLADORES PRESTARÁN SERVIZO NO ROSAL A TRAVÉS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

O concello ven de solicitar unha nova subvención á Deputación Provincial para a contratación doutros 24 traballadores durante dous meses

O concello ven de solicitar unha nova subvención á Deputación Provincial para a contratación doutros 24 traballadores durante dous meses

Fecha: 06 de Octubre de 2015

Fuente: www.concellodorosal.es

O Concello do Rosal contratou no ano 2015 vintecatro traballadores desempregados a través dunha subvención da Deputación Provincial e outros cinco mediante outra da Xunta de Galicia, prevéndose a contratación de 24 máis para o vindeiro mes de novembro.

O concello do Rosal contratou durante 6 meses a 24 traballadores a tempo parcial que prestaron servizos en diferentes departamentos municipais, como Vías e Obras, Oficinas Xerais ou Servizos Sociais.

A Deputación Provincial de Pontevedra concedeu unha subvención por importe de 100.000 euros para os custes salariais, achegando o concello do Rosal o importe correspondente a outros gastos como indemnizacións por fin de contrato, roupa de traballo, recoñecementos médicos e outros.
Os requisitos establecidos pola Deputación para a contratación deste persoal é que se tratara de desempregados que non cobrasen ningunha prestación ou que cobrasen algunha destinada a garantir os recursos mínimos de subsistencia (Risga, Rai ou Prepara).

Por outra banda, a Xunta de Galicia tamén destinou fondos para contratar outros cinco traballadores desempregados que estivesen cobrando exclusivamente a Risga (Renda de Integración Social de Galicia). Neste caso, os contratos teñen unha duración de sete meses, rematando en decembro, e o concello tamén asume os mesmos gastos que no suposto dos traballadores subvencionados pola Deputación.

Finalmente, o concello ven de solicitar unha nova subvención á Deputación Provincial para a contratación doutros 24 traballadores durante dous meses que, de se-lo caso, tamén prestarán servizos en diferentes departamentos municipais. Nesta ocasión ó importe da subvención estímase nuns 46.000 €.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones