Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

26 propostas presentadas para a nova ponte peonil entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira

O deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez anunciou que o xurado deberá resolver a primeira fase da selección en febreiro

O deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez anunciou que o xurado deberá resolver a primeira fase da selección en febreiro

Fecha: 18 de Diciembre de 2017

Fuente: Deputación de Pontevedra

O concurso internacional de ideas promovido pola Deputación de Pontevedra para escoller o mellor deseño para a nova ponte peonil transfronteiriza entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira vén de recibir 26 propostas. O deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez sinalou que o xurado constituirase o vindeiro xoves 21, o mesmo día en que se coñecerán as características dos bosquexos presentados. A partir de aí realizaranse varias reunións de traballo ata escoller os tres mellores deseños por parte da comisión seleccionadora, que deberá resolver a primeira fase do concurso no mes de febreiro.

As propostas de deseños debían presentarse de xeito anónimo en dous sobres pechados identificados unicamente cun lema: un deles coas características técnicas e o outro cos datos dos autores. No Rexistro da Deputación recibíronse 26 entradas que remataron de chegar por correo no día de onte e que terán que ser comprobadas para verificar que cumpren cos requisitos. Será o vindeiro xoves, na Sala de Xuntas da Deputación en Pontevedra, cando se abran os primeiros sobres (técnicos) para estudar as peculiaridades das iniciativas achegadas.

Algúns dos lemas ou títulos dos bosquexos son ‘Venustas', ‘Lazos', ‘Float', ‘O Rosal-Vinho Verde/Minho', ‘Euroconverxencia natural', ‘Lanzo da cruz', ‘Irmandade', ‘A ponte agora', ‘Baluarte', ‘Salto do cervo', ‘ Fado', ‘O ponteadero entre os vecinhos irmandinhos', ‘In pace pontibus', ‘ Una línea sobre el Miño', ‘Per consuere', ‘Tejer el Miño', ‘Caminho do río', ‘Aperta, ‘Xuntos', ‘Sinovía da raia', ‘Certo', ‘Avanza', Perspicuum transire' e ‘Raia'.


A mellor proposta será elixida por un xurado conformado de xeito internacional, no que se dará representatividade ás escolas técnicas, colexios oficiais e administracións con competencias e intereses na ponte de ambos lados do río. Este xoves 21 están convocados representantes da Deputación; dos dous concellos afectados; da Capitanía do Porto de Caminha; do Instituto de Conservaçao da Natureza e das Forestas; da Agencia Portuguesa do Ambiente; da Dirección Xeral de Patrimonio Natural; da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo; do Colexio de Arquitectos de Galicia; do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Portos e Canais; da Ordem dos Engenheiros; da Ordem dos Arquitectos; da Comandancia Naval do Miño; da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e tamén dos Serviços de Ordenamento do Territorio da CCDR-N.


Segundo explicou o deputado de Cooperación Transfronteiriza Uxío Benítez, a Deputación de Pontevedra está a buscar "as mellores e máis innovadoras e enriquecedoras propostas" para unir a provincia de Pontevedra e o Norte de Portugal a través dun viaduto para peóns e ciclistas que permitirá crear un espazo público común, o primeiro europarque da Penísula Ibérica, unindo o actual Parque do Castelinho en Vila Nova co Espazo Fortaleza de Tomiño. "Entendemos que dado o valor simbólico da ponte, tanto polas características ambientais da contorna como polos obxectivos estratéxicos que persegue -crear un espazo común a dous países-, era preciso que profesionais españois, portugueses ou estranxeiros se involucrasen para acadar o mellor proxecto", subliñou.

Prima de participación
Os autores dos tres deseños finalistas recibirán unha prima de participación por importe de 10.890,00 euros cada un e serán invitados a participar na segunda fase de selección para a redacción do anteproxecto da ponte. O contrato para redactar este anteproxecto adxudicarase ao gañador definitivo por un importe de 54.450,00 euros, e será entón cando se solicitarán todas as autorizacións e informes dos organismos perceptivos para poder desenvolver a obra.


Finalmente, na terceira fase, unha vez se obteñan os permisos necesarios, a Deputación encargará ao gañador que redacte o proxecto construtivo definitivo, cun orzamento máximo de 121.880,00 euros. Así, o gañador do concurso, poderá embolsar un total de 187.220,00 euros entre primas, redacción de anteproxecto e proxecto construtivo.


A redacción do deseño da nova ponte peonil e ciclista sobre o Miño está encadrada nunha das actividades do proxecto VISIT_RIO_MINHO presentado á primeira convocatoria do Programa Operativo España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 Interreg V-A nunha candidatura conxunta da Deputación de Pontevedra coa CIM Alto Minho, os concellos do norte de Portugal, a Fundación CEER, o Centro Tecnolóxico do Mar e a Universidade de Vigo. Este proxecto obtivo un cofinanciamento do 75% de fondos FEDER no marco da referida convocatoria do POCTEP 2014-2020 Interreg V A, cun orzamento total aprobado de dous millóns de euros, cunha achega da Unión Europea que ascende a 1.500.000 euros.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones