Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

28.573 cidadáns doaron sangue na campaña de verán 2016

Unha circunstancia especialmente salientable foi que o 6,5% das persoas que doaron entre xullo e setembro o facían por primeira vez.

Unha circunstancia especialmente salientable foi que o 6,5% das persoas que doaron entre xullo e setembro o facían por primeira vez.

Fecha: 18 de Octubre de 2016

Fuente: ADOS

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), quere amosar o seu máis sincero agradecemento aos 28.573 cidadáns que doaron sangue na campaña desenvolvida baixo o lema "Súmate. Doa sangue", que tivo lugar entre os pasados meses de xullo a setembro. ADOS salienta que esta cifra supuxo un incremento do 3,2% na participación con respecto ao mesmo período do ano anterior.

Esta elevada participación permitiu manter en niveis axeitados as reservas de todos os grupos sanguíneos, nunha época do ano na que, tradicionalmente, diminúe entre un 10 e un 15% a participación nas campañas de doazón de sangue, por mor das vacacións estivais. Ademais, os períodos vacacionais coinciden cun incremento das urxencias hospitalarias debido ao aumento dos accidentes por estrada, aínda que a excelente resposta dos cidadáns permitiu o desenvolvemento da actividade hospitalaria con total normalidade.

Novos doadores
Unha circunstancia especialmente salientable foi que o 6,5% das persoas que doaron entre xullo e setembro o facían por primeira vez. Un total de 1.846 persoas sumábanse a base de doadores de sangue de Galicia, un 13% máis que no mesmo período do ano 2015.

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue desexa transmitir a todos os cidadáns que acudiron a doar sangue o seu sincero recoñecemento, que tamén quere facer extensivo ás corporacións municipais que tomaron parte activa na campaña "Súmate. Doa Sangue", mediante o desenvolvemento de campañas especiais de doazón nos seus respectivos concellos e levando a cabo a distribución de información vencellada con este xesto solidario.

Unha necesidade constante
ADOS quere lembrar que todos os días do ano, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue polo que as unidades móbiles do Centro de Transfusión de ADOS continuarán percorrendo Galicia na procura da solidariedade dos cidadáns. Así mesmo, ata finais do vindeiro novembro, continuará a desenvolverse a campaña de doazón que achega este xesto altruísta a centros docentes universitarios e non universitarios de Galicia.

Para obter máis información sobre onde doar ou resolver calquera dúbida relacionada co solidario xesto da doazón, o Centro de Transfusión de ADOS dispón dun teléfono gratuíto 900 100 828 e unha páxina web: ados.sergas.es

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones