Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

3.413 PERSOAS DISFRUTARÁN DE ESTANCIAS EN BALNEARIOS DA PROVINCIA NO MARCO DO PROGRAMA SAÚDE E BENESTAR 2015 DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Poderán pasar 6 días e 5 noites en pensión completa en balnearios da provincia a prezos reducidos

Os balnearios máis demandados son o Gran Talaso de Sanxenxo e o Talaso Atlántico de Oia

Fecha: 04 de Mayo de 2015

Fuente: depo.es

  • As solicitudes superan en 413 as prazas ofertadas, pero as propias bases recollen a posibilidade de ampliar o orzamento para dar cobertura a todos os demandantes
  • Os balnearios máis demandados son o Gran Talaso de Sanxenxo e o Talaso Atlántico de Oia
  • O programa vai dirixido a persoas maiores de 50 anos, pensionistas ou dedicadas ao coidado de dependentes que precisen dun respiro familiar

Un total de 3.413 persoas solicitaron participar no programa Saúde e Benestar 2015, co que a Deputación de Pontevedra oferta aos veciños e veciñas da provincia a oportunidade de disfrutar de 6 días e 5 noites en establecementos termais da provincia a prezos reducidos.

Son 413 persoas máis que o total de prazas ofertadas inicialmente, pero as propias bases do programa recollen a posibilidade de ampliar o orzamento para dar cobertura a todos os demandantes.

O programa vai dirixido a persoas maiores de 50 anos, pensionistas ou persoas que precisen dun respiro familiar e ten un dobre obxectivo: por unha banda, busca fomentar o envellecemento activo e ofertar a este colectivo oportunidades de descanso e de lecer a un prezo asequible, e, pola outra, dinamizar o sector turístico, facilitando a actividade económica neste sector en temporada baixa.

Trátase, por tanto, dun programa cun claro obxectivo social, xa que facilita o acceso a turismo de saúde a persoas que doutro modo non poderían beneficiarse da súa dobre función, como período de vacacións e tamén como tratamento sanitario, pero que ofrece tamén bos resultados en termos de sustentabilidade económica para a provincia.

Sete balnearios ofertados

As 3.413 persoas que participarán no programa poderán disfrutar de 6 días e 5 noites en pensión completa, utilizando servizos do spa ou balneario elixido e cun amplo abano de actividades de animación sociocultural. Ademais, disporán de transporte desde o concello de residencia ata o establecemento elixido.

O programa ofertaba prazas en 7 establecementos, O Gran Talaso de Sanxenxo, Spa Carlos I Sanxenxo, Talaso Louxo A Toxa, Talaso Atlántico de Oia, Spa Galatea Sanxenxo, Spa Vía Argentum de Silleda e  Nuevo Astur Villalonga.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones