Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

40 novos usuarios danse de alta nos últimos meses no subministro de auga de Tomiño

A medida, que se aplica dende o pasado mes de outubro, permitirá beneficiarse das melloras a máis de 1300 veciños e veciñas do núcleo urbano

A maiores, instalouse un sistema de transmisión de alertas no Depósito Municipal de Augas, que remite o aviso instantaneamente, vía SMS, ao teléfono de garda

Fecha: 10 de Marzo de 2017

Fuente: Concello de Tomiño

Tras a entrada en funcionamento, o pasado 17 de outubro, do novo grupo de presión de auga no núcleo urbano do Seixo, o Concello de Tomiño acadou unha mellora importante do servicio municipal de abastecemento, xa que, co novo grupo, incrementouse a presión no núcleo urbano dun 2,5 kg a 4 kg.

Coma consecuencia destas melloras, déronse de alta 38 novos abonados, pasando dos 480 que había nese momento, aos 518 da actualidade, sen contar a pronta conexión ao servizo dun edificio de 12 inmobles.





Deste xeito, moitas das comunidades de veciños con terceiros andares e áticos, aos que chegaba pouca presión de auga, puideron tras as reformas, eliminar os grupos de presión privados que tiñan instalados, e servirse directamente da rede municipal, o que supón un aforro no coste de enerxía eléctrica e de mantemento do seus equipos.

A medida, na que se investiron 18.864,62 € (financiado a partes iguais pola empresa concesionaria e o Concello) responde a unha vella aspiración da veciñanza, especialmente da que vive en edificios e máis concretamente, nas últimas plantas, onde a presión era insuficiente.

A maiores, instalouse un sistema de transmisión de alertas no Depósito Municipal de Augas, que remite o aviso instantaneamente, vía SMS, ao teléfono de garda e ao do xefe de Servizo, así coma calquera incidencia que se produza no subministro de auga e así garantir o abastecemento en condiciones óptimas á poboación.
Concretamente, instaláronse as seguintes alarmas:
- Nivel de auga no depósito: máximo e mínimo.
- Fallo de tensión.
- Fallo térmico das bombas.
- Horas de funcionamento da bomba.
- Control da presión; máxima e mínima
- Incremento do caudal de auga demandada.


Deste xeito, na actualidade son máis de 500 vivendas ou locais do núcleo urbano, as que contan co servizo municipal de abastecemento de auga, resultando beneficiados con esta mellora, posibilitada pola posta en funcionamento dun novo grupo de presión.

Segundo explica o concelleiro de Obras, Francisco Campo Lago, usuarios e usuarias da zona do Seixo, notaron unha importante mellora na calidade do subministro, grazas á nova bomba de presión, que permite tamén, que poidan aboarse as casas ou comunidades que aínda non contan co servizo municipal, co que se beneficiarían en total, máis de 1300 habitantes da zona do Seixo e arredores.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones