Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

55 COMPOÑENTES DA BANDA DO ROSAL PARTICIPAN NUN PROXECTO DE CONVIVENCIA DE MÚSICA E PATRIMONIO

Os días 26, 27 e 28 desprazaranse ata Cambados un grupo de preto de 55 mozos/as con idades comprendidas entre os 12 e 30 anos

O concerto terá lugar o domingo 28 de setembro ás 12,30 h. no Auditorio de Vilagarcía de Arousa.

Fecha: 27 de Septiembre de 2014

Fuente: Agrup. Musical de O Rosal

No pasado mes de maio o grupo informal "Mocidade Cabaqueira" formado por cinco mozos/as do Concello do Rosal decidiron presentar, o abeiro das axudas enmarcadas dentro do programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, un proxecto que se desarrollaría na zona da Ría de Arousa, que denominaron "Convivencia de música e patrimonio".

No mes de agosto recibiron a notificiación de que a axuda lles foi concedida, polo que o último fin de semana de setembro, concretamente os días 26, 27 e 28 desprazaranse ata Cambados un grupo de preto de 55 mozos/as con idades comprendidas entre os 12 e 30 anos, todos eles compoñentes da banda de música da Agrupación Musical do Rosal para realizar diversas actividades.

Durante a súa estancia combinarán actividades na natureza como andainas para coñecer o espazo natural, rutas en kaiak, visitas a museos e outros centros de interese da Ría de Arousa, con actividades musicais consistentes en ensaios e na realización dun concerto que será ofrecido a toda a pobación de Vilagarcía de Arousa de xeito gratuíto. O concerto terá lugar o domingo 28 de setembro ás 12,30 h. no Auditorio de Vilagarcía de Arousa.

Esta actividade permitiralles compaxinar a súa afección pola música co coñecemento dunha realidade moi diferente da que lles é cotiá, o que deberá contribuír a reforzar a súa formación integral como individuos, e tamén a unha sensibilización coa natureza e o patrimonio que redundará nunha meirande capacidade na maduración como músicos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones