Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

7 MENORES DO BAIXO MIÑO INICIAN O CURSO ESCOLAR NOS CENTROS DE ACOLLIDA DO PRÍNCIPE FELIPE

Atenden a 7 menores da comarca do Baixo Miño

Atenden a 7 menores da comarca do Baixo Miño

Fecha: 10 de Septiembre de 2015

Fuente: depo.es

Os Centros de Acollida da Cidade Infantil Príncipe Felipe, organismo dependente da Deputación de Pontevedra, inician mañá as actividades educativas cun total de 203 menores. Esta cifra podería variar á alza en función de que se asignen prazas pendentes ao longo da vindeira semana.
O alumnado está formado por rapaces e rapazas de entre cero e 18 anos con problemas familiares ou en risco de exclusión social e que utilizarán o servizo dos centros de acollida, tanto como centro de día como en réxime interno.
Os menores proceden de concellos de toda a provincia e parte deles chegan por indicación dos profesionais dos Servizos Sociais da Deputación provincial e outra parte a través de ordes da Xunta de Galicia. Concretamente, dos 203 rapaces que comezan mañá o curso , 150 chegan por parte do Servizos Sociais da Deputación, dos que 39 estarán en réxime interno e 111 en réxime de centro de día. Mentres que do alumnado procedente de ordes da Xunta de Galicia, 41 menores estarán acollidos en réxime interno e 12 no centro de día.
Por comarcas, a procedencia do alumnado corresponde maioritariamente aos concellos da área de Pontevedra con 152 alumnos, na súa maioría en réxime de centro de día. Séguelle a área de Vigo con 13 menores, a comarca do Salnés con 10 menores, a comarca do Morrazo con 8, a comarca do Baixo Miño con 7 menores e a comarca Deza-Tabeirós tamén con 7, a comarca Condado-Paradanta con 5, e a de Caldas con un menor.
Distribución do alumnado nos centros
Segundo a idade e características (faise unha avaliación individualizada sobre o proxecto educativo que precisan, o tipo de control ou as relacións sociais que son máis axeitadas) os rapaces e rapazas divídense en tres centros.
O Centro infantil acolle a nenos e nenas desde recén nados ata sete ou oito anos no caso de estar en réxime de internamento, e de catro meses ata oito anos no centro de día. Conta cunha traballadora social e con un psicólogo. Inicia este curso con 81 rapaces, dos que 17 pernoctarán nas instalacións e os 64 restantes voltarán ás súas casas pola noite. Todos eles estarán divididos en cinco unidades de convivencia, que funcionan como fogares ordinarios, nos que a vida cotiá transcorre do xeito máis parecido ao de calquera familia. As unidades de convivencia do centro materno-infantil, que contan cos elementos dunha casa (cociña, sala de estar, habitacións, baños...), son cinco: Nidos (para os bebés), Pingüi, Duendes, Colores e Arco da Vella.
O centro Agarimo ten carácter infanto-xuvenil e acolle menores de 8 a 18 anos en réxime de internamento, e de 7 a 16 anos no centro de día. Conta cunha traballadora social e unha psicóloga que son a referencia adulta dos nenos no centro. O curso 2015-2016 servirá como fogar a 58 nenos (26 internos e 32 no centro de día), que tamén estarán divididos en cinco unidades de convivencia: Lúa, Brincos, Xerme, Xanela I e Xanela II, que é só para os menores do centro de día e funciona con horario de 13.00 a 20.00 horas de luns a venres.
A Escola-Fogar atende a rapaces de 8 a 18 anos en réxime de internamento, e de 7 a 16 anos no centro de día. Durante este curso que comeza estarán internos 37 rapaces que estarán atendidos por unha traballadora social e unha psicóloga, xunto con outros 27 que voltan ás súas casas as noites e fins de semana. As unidades de convivencia son A Casiña, Bule Bule, Musgo, Bolboreta e Barullo, esta última tamén só para os rapaces do centro de día.
A escolarización regrada dos 203 menores das casas de acollida realízase nos diferentes centros educativos da cidade, xa sexan alumnos de Infantil ou Primaria ou ben de Secundaria, Bacherelato ou FP. Dende o Príncipe Felipe organízase unha ruta de transporte para levar e recoller aos menores dos seus respectivos colexios.
O Príncipe Felipe é o centro das súas características máis grande de toda Galicia. Traballa acollendo aos nenos e nenas que carecen dun ambiente familiar axeitado, en risco de exclusión ou con algún tipo de dificultades, co fin de proporcionarlles unha contorna que lles permita adquirir un desenvolvemento integral.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones