Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

A 15ª EDICIÓN DO CORRELINGUA CHEGA A TOMIÑO ESTE LUNS DIA 11 DE MAIO

Baixo o lema: -Galego, a nosa creación común-, centos de alumnos e alumnas da comarca percorrerán as rúas de Tomiño até a praza do Seixo.

Baixo o lema: -Galego, a nosa creación común-, centos de alumnos e alumnas da comarca percorrerán as rúas de Tomiño até a praza do Seixo.

Fecha: 11 de Mayo de 2015

Fuente: CIG - Ensino

A edición 2015 do Correlingua, carreira pola lingua do alumnado de todas as etapas educativas organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense xunto coa Deputación de Lugo, chega a Tomiño o próximo luns día 11 de maio.

O Correlingua chega a Tomiño na súa sexta xornada e faino baixo o o lema: Galego, a nosa creación común. En Tomiño o Correlingua conta coa colaboración do Concello de Tomiño a quen lle queremos agradecer que teña acollido e apoiado a actividade.

A Tomiño acudirán escolares de: Salvaterra de Miño, do IES Salvaterra de Miño, O Rosal, do CPI Manuel Suárez Marquier, de Tui, dos colexios de Randufe, Rebordáns e Plurilingüe Nº 1 e os institutos Indalecio Pérez Tizón e San Paio, da Guarda, do Centro San Xerome e de Tomiño, do CEIP Pintor Antonio Fernández e do IES. Centos de alumnos e alumnas que terán a oportunidade de participar nunha actividade e nunha festa coa queremos enviar a mensaxe de que podemos e queremos vivir en galego.

A festa final estará conducida polo músico e escritor Xurxo Souto. Ademais actuará o grupo Sacha na Horta, un dos gañadores do certame Cantalingua, do Correlingua. Na festa final participará o alumnado de Salvaterra de Miño que preparou unha actuación, e teremos ocasión de escoitar o manifesto gañador do Correlingua elaborado polo alumnado de 4º ESO do CPI de Pontecesures, nas voces dun grupo de alumnos e alumnas do IES de Tomiño e de María Alonso, premio nacional de tradución en 2014 e tradutora de Shin Chan.

A actividade iniciarase ás 11:00 horas no IES de Tomiño desde o alumnado se dirixirá á Praza do Seixo, onde, ás 11:30 comezará a festa final.

A organización do Correlingua agradece tamén aos centros educativos a súa participación, especialmente ao profesorado que deste xeito colabora coa actividade.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones